Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
31/05/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares
Europa mellorará as conexións eléctricas coa península ibérica e veta o 90% do petróleo ruso
O prezo do barril de brent sobe o 1,6% tras o veto a Rusia
O Banco de España alerta que o peche comercial con Rusia contraería o PIB español ata un 1,4%
As grandes empresas de enerxía pídenlle ao Goberno que baixe os impostos do recibo do gas natural
A inflación na zona euro sobe ata o 8,1% e bate récords
A suba do euríbor encarece as hipotecas nuns 600 euros anuais
Yolanda Díaz defende os contratos para a celebración do cumio da OTAN en Madrid tras as críticas de Podemos
A Generalitat dalle instrucións aos colexios para que non apliquen a sentenza que obriga a impartir o 25% das clases en castelán
PP e Ciudadanos están dispostos a recorrer o decreto lingüístico da Generalitat ante o Constitucional
Feijóo repróchalle a Sánchez que teña socios de goberno que "incumpren a lei"
Primeira viaxe internacional de Núñez Feijóo como presidente do PP
O rei participa nas celebracións do 25 aniversario do campus de Ponferrada
Galicia será a única comunidade coa educación infantil totalmente gratuíta
O Goberno aproba 800 millóns de euros para reforzar a economía social
A espera nas liñas de atención ao cliente reducirase a tres minutos
A Xunta pídelle ao Goberno central entrar a formar parte do Consello de Administración de Navantia
A multinacional estadounidense XPO abre un novo centro loxístico en Galicia
Galicia comeza a facer probas PCR para detectar casos de varíola do mono
O Sergas investiga unha posible intoxicación alimentaria nun colexio de Cedeira
Propoñen subir o prezo do paquete de tabaco ata os 10 euros
Campaña no parque vigués de Castrelos para liberar espazos emblemáticos do fume de tabaco
A Universidade de Vigo é a primeira de España en instalar máquinas expendedoras de compresas e tampóns
Concentracións de repulsa pola agresión machista de Carballo
O detido por agredir a súa muller en Carballo declara mañá nos xulgados
O detido polo crime de Zaragoza fora condenado por matar outra muller en 2001
O BNG pedirá no Parlamento a creación de tres xulgados específicos contra a violencia de xénero
Condenado a 40 anos de cárcere o veciño de Soutomaior que matou a irmá e a sobriña
A Fiscalía de Lugo pide 20 anos de prisión para o home acusado de violar, maltratar e secuestrar a súa propia muller
Cae unha rede pedófila con ramificacións na Coruña
Dous detidos en Ourense por roubarlle a unha parella e abusar da muller
Utilizaban inmigrantes sen papeis para o coidado de persoas maiores en Lugo
Veciños do barrio vigués do Calvario denuncian que a Sareb quere botalos das casas
Concellos do rural arranxan antigas escoilas para facer vivendas
Portugal prohibe os apartamentos turísticos en residencias habituais
Falece un home en Monterrei ao caer co tractor por un desnivel
Os establecementos extrahoteleiros superan os niveis de ocupación prepandemia
Hoteis case ao completo para a celebración do festival O Son do Camiño
A Coruña prepara o dispositivo para un San Xoán post covid seguro
Os xabarís provocan graves estragos nos cultivos do Baixo Miño
O pedrazo deixa danos contiosos nas vides da Ribeira Sacra
O Tempo
7.000 operarios e 30 medios aéreos para a campaña contra os incendios deste verán
A igrexa de Abelenda, en Avión, loce novo retablo grazas á colaboración dos veciños
Despedida