Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
06/05/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Primeiro encontro entre o presidente do Goberno e o da Generalitat dende que saltou o escándalo pola espionaxe a políticos cataláns
A Audiencia Nacional rexeita imputar o exvicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, polo caso Dina e dá por rematada a investigación
O Goberno tentará reconducir a semana que vén as negociacións para un acordo salarial entre sindicatos e patronal
As mulleres e os mozos que emprendan como autónomos terán asesoramento e seguimento individualizado do Goberno
Os autónomos tamén lle piden ao Goberno unha nova prestación por cesamento de actividade para afrontar a suba dos prezos
A Xunta solicitoulle por carta ao Goberno unha reunión para coñecer as axudas europeas para a fábrica de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei
O comité de Ence retoma as mobilizacións e exixe a inmediata convocatoria da mesa de diálogo
Empresarios do norte de Portugal e de Pontevedra piden que se cumpran os prazos do AVE que conectará Vigo co Porto
Alfonso Rueda confirmou que Diego Calvo ocupará un lugar destacado no seu equipo de Goberno
O candidato á presidencia do PPdeG reivindicou as políticas do seu partido en materia de igualdade
O PP de Ourense abstense na votación e prospera a petición de dimisión ao alcalde
O PSOE rompe o goberno co BNG en Fene
Un de cada dez galegos percibe unha pensión por debaixo dos 500 euros
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións clausurou esta tarde o ‘III Congreso inmobiliario de Galicia’
Un home faleceu nun accidente cun motocultor en Meaño
A Garda Civil investiga as circunstancias en que faleceu o mergullador mentres facía pesca deportiva nas rochas de San Vicente, no Grove
A Valedora do Pobo comprometeuse ante os familiares dos mariñeiros do Villa de Pitanxo a trasladarlle ao Defensor do Pobo a súa petición de que se baixe ao barco
A xuíza do caso Déborah citará os peritos que analizaron o ordenador da vítima, para que aclaren como foi manipulado
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a pena de 32 anos e medio de prisión para o salesiano de Vigo condenado por abusos sexuais a seis alumnos menores de idade
O xulgado de garda de Betanzos ordenou o ingreso en prisión do home acusado da agresión e atraco a unha muller en Perillo, en Oleiros
Veciños e comerciantes de Ourense alertan da circulación de billetes falsos na parroquia de Santa Teresita
Denuncian ameazas de morte e danos nun coche apedrado en Ferrol
Unha explosión nun edificio do barrio de Salamanca, en Madrid, deixa dous mortos e un ferido grave
Polo menos 8 mortos na explosión dun hotel na Habana
O Goberno vasco confirma que se investigan seis crimes en Bilbao a mans do suposto asasino en serie
Unha muller e o seu fillo de 16 anos detidos como presuntos autores da morte a tiros dunha muller de 80 anos en Elxe
Pillan en Alacante unha condutora que multiplicaba por sete a taxa de alcol permitida
O ano pasado en Galicia houbo máis de 8.200 denuncias por delitos contra a seguridade viaria
Un motorista ferido en Ourense nun accidente acontecido preto das cinco da tarde na Nacional 120
A tarifa mínima básica do taxi sobe 30 céntimos
Soben a 5 o número de nenos afectados en Galicia pola hepatite infantil de orixe descoñecida
A partir de agora será necesario confirmar a infección da covid cunha proba diagnóstica para que o médico dea a baixa laboral
O Centro Loxístico de Correos en Santiago foi elixido o mellor do país
O restaurante compostelán Auga e Sal peche as súas portas cinco meses despois de conseguir a estrela Michelin
O sur de Galicia xa parece estar en pleno verán
O bo tempo segue na fin de semana tamén na Coruña
O tempo
Na Costa da Morte está unha das mellores praias de Europa, segundo a listaxe do diario británico The Guardian
Anímase a venda de billetes para as Illas Cíes
Arranca a campaña da bonos turísticos da Xunta
Os restaurantes de Sanxenxo limitan os horarios para favorecer a conciliación dos empregados
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense recupera as súas datas e os seus escenarios habituais
Friol celebra esta fin de semana a festa castrexa e romana do Friulio
Melide celebra esta fin de semana a Festa do Melindre
Conectamos en directo co estudio de 'Luar'
Última hora: conectamos en directo coa Habana para actualizar a información sobre a explosión nun hotel
Siniestro Total despídese dos escenarios con dous concertos históricos en Madrid
Despedida