Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
03/05/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Pedro Sánchez terá que dar explicacións no Congreso sobre a presunta espionaxe co programa Pegasus
A Audiencia Nacional abre dilixencias por un posible delito de descubrimento e revelación de segredos na espionaxe a Sánchez
O Consello de Ministros aproba a Estratexia Española da Discapacidade
Longas ringleiras en varias cidades para protestar polos atrasos na avaliación da discapacidade
A Organización Mundial da Saúde está preocupada pola hepatite de orixe descoñecida, con 220 casos en todo o mundo
Os especialistas lembran a importancia de ser constante nos tratamentos contra a asma
As vendas de tests de antíxenos nas farmacias galegas dispáranse
Rusia volve atacar Mariupol por terra e por aire, e Putin pide que occidente deixe de enviarlle armas a Ucraína
Orban díxolle ao papa que Putin pretende acabar o 9 de maio a guerra en Ucraína
Máis de 3.000 ucraínos están aprendendo castelán grazas a un curso que puxo en marcha en Pontevedra a UNED
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos confirma que traballa cun borrador para ilegalizar o aborto
A Eurocámara vota en contra de prohibir as artes de fondo en zonas mariñas protexidas
Toda a corporación municipal de Cambados rexeita o informe de Costas sobre as depuradoras da vila
A Xunta vai axilizar os trámites administrativos para que a fábrica da pasteira Altri en Palas de Rei estea operativa a comezos de 2025
O estaleiro Armon está máis preto de facerse co control de Barreras
O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao agarda que a crise de prezos e materias primas non afecte os investimentos previstos na factoría
O presidente da Federación Nacional de Autónomos pediu o apoio do Partido Popular para a proposta dos empresarios sobre o novo sistema de cotización por ingresos reais
Abanca obtivo un beneficio neto de 81 millóns de euros entre xaneiro e marzo deste ano
Rueda: "Non hai un PP da Coruña, Lugo, Ourense ou Pontevedra. Hai un PP de Galicia"
O BNG levará ao debate de investidura do novo presidente da Xunta un plan de choque para reforzar a Atención Primaria
As tres deputacións gobernadas polo PSOE en Galicia acordan dar estabilidade laboral aos traballadores dos parques de bombeiros
Sabotaxes aos autobuses urbanos de Ourense no primeiro día de folga
O alcalde de Ourense enfrontouse a unha sindicalista durante a concentración que celebraron diante do concello
A alza dos prezos dos combustibles está facendo que cada vez máis os condutores se decanten por mercar coches eléctricos e híbridos
Os portugueses seguen cruzando a raia para encher o depósito en Galicia
Inauguran en Vigo o paseo das Avenidas, que se afundira hai case catro anos durante un concerto do Marisquiño
Os portos deportivos das Rías Baixas están a piques de colgar xa o cartel de completo para o verán
A Garda Civil continúa investigando a desaparición dun veciño de Cambados
A busca de persoas desaparecidas é unha das aplicacións dos novos drons da Garda Civil
Os expertos piden achegarse aos ríos sempre con prudencia para evitar traxedias coma a da fin de semana en Arbo
Os veciños de Ferrol quéixanse dos ruídos que ocasiona a vida nocturna
Interceptan en Lugo un condutor que conducía ebrio, sen carné e transportando un cativo sen usar un sistema de retención infantil homologado
As vendedoras de recordos de Santiago pídenlle ao Concello que as deixe volver traballar ao pé da catedral
Aparecen as primeiras manchas de mildio nos viñedos de Rías Baixas e O Salnés
Cada vez é máis doado atopar un bar que acepte animais de compaña
Abre en Ourense a maior exposición sobre os Beatles instalada nunca en España
Ferrol celebra o seu Concurso Internacional de Piano
despedida