Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
18/04/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
O PPdeG celebrará o 21 e 22 de maio o congreso da remuda de Feijóo
O PSdeG cre que Rueda será un líder transitorio, mentres o PPdeG defende o proceso
O PP gañaría as eleccións xerais, segundo a enquisa que publica hoxe 'La Razón'
Sánchez recoñece que o executivo vai revisar á baixa as previsións de crecemento para este ano, e desbota nunha baixada de impostos
O Partido Popular preséntalles mañá aos axentes sociais a súa proposta de rebaixa fiscal
Podemos reclama medidas para abaratar a factura da luz, a cargo das propias eléctricas
O BNG presenta un plan de medidas para aliviar a situación económica de empresas e para reforzar as prestacións sociais
Case un terzo dos fogares de Ourense abastécense con produtos da casa
O cultivo da colza colle forza na comarca da Limia
O Ministerio de Agricultura sanciona a Lactalis, Leite Rio e Celega por irregularidades nos seus contratos de recollida do leite
A venda de vehículos usados caeu en marzo máis dun 7 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado
Xa se poden solicitar as axudas para a compra de coches eficientes
Máis dun 7 % dos vehículos que circulan polas estradas galegas non teñen seguro obrigatorio de accidentes
En maio adxudicaranse as obras do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña, actualmente en licitación
A metade das empresas de transporte galegas que operaban no Reino Unido deixaron de facelo a raíz do 'brexit'
Rusia intensifica os ataques contra as principais cidades ucraínas e inicia a ofensiva no Donbás
Pere Aragonés esíxelle explicacións ao Goberno tras desvelarse a presunta espionaxe a máis de 60 independentistas a través dun programa informático Pegasus
A Fiscalía Anticorrupción pídelle ao xuíz que impoña unha fianza de case 900.000 euros a Luis Medina, investigado no caso das máscaras de Madrid
O Goberno aprobará mañá que o uso da máscara deixe de ser obrigatorio na maior parte dos espazos interiores
A Consellería de Sanidade aposta por manter a recomendación de usar a máscara en interiores, especialmente nas aulas
O sector dos eventos recupera a normalidade esta temporada
A policía investiga a morte violenta de dúas veciñas no barrio madrileño de Carabanchel
Un veciño de 82 anos morreu ao derrubarse parte da súa casa nun incendio en Viveiro
Un mozo de 19 anos natural de Ponteceso morreu nun accidente de tráfico en Carballo
Continúa a investigación da morte dun bañista en Sanxenxo tras ser golpeado por unha lancha de competición
Iker Argote relata nun libro como superou con éxito lesións graves cunha actitude positiva
A xuíza mantén en prisión provisional a nai condenada por asasinar a súa filla en Muimenta, mentres non se resolve o recurso
A policía detivo catro persoas por organizar unha festa ilegal nun piso turístico de Santiago
A Semana Santa deixa moi boas cifras no sector turístico galego
As cifras de peregrinos xa superan a marca de antes da pandemia
Entradas de balde para visitar o patrimonio no Día Mundial dos Monumentos
Volven a chuvia e o frío a Galicia
O tempo
O río Masma, que atravesa a Mariña, vaise beneficiar dun plan de recuperación ambiental
As mariscadoras alertan do aumento nas praias de cabichas, que poden afectarlle ao marisco
As romarías do luns de Pascua recuperan a participación de antes da pandemia
O festival O Son do Camiño esgota todas as entradas
Despedida