Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
12/04/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A Fiscalía ucraína investiga xa máis de 6.000 crimes de guerra cometidos polo exército ruso
A Xunta vai poñer en marcha unha unidade móbil para asesorar os refuxiados ucraínos á súa chegada a Galicia
O Goberno ucraíno rexeita a visita do presidente alemán ao país
O Goberno sostén que Alxería segue sendo un socio estratéxico de España e que ten garantida a subministración de gas desde ese país
Planas garante que as axudas ao combustible para o sector pesqueiro non corren ningún perigo
As gasolineiras de baixo custo piden poder aprazar o pagamento de impostos
Os condutores portugueses seguen cruzando a raia para encher o depósito en Galicia, aproveitando o desconto
Milleiros de camioneiros levan días atrapados no eurotúnel, á espera de coller unha embarcación para saír do Reino Unido
A policía de Londres vai multar o primeiro ministro británico, Boris Johnson, pola súa participación nas festas durante a pandemia
Os docentes interinos con máis de cinco anos de antigüidade non terán que facer oposición para acceder a unha praza fixa
A Xunta reclámalle ao Ministerio a creación dunha especialidade en Urxencias, para non restarlles médicos á Atención Primaria
A Consellería de Sanidade priorizará a reforma nos centros con maiores necesidades
Hoxe é o Día Mundial da Atención Primaria
A Xunta de Galicia ampliou ata os catro millóns setecentos mil euros as axudas aos locais de ocio nocturno que pecharon en fin de ano para evitar a propagación da covid
Os aeroportos galegos recueperan os niveis de tráfico dos anos previos á pandemia
O secretario xeral dos socialistas galegos asinou un convenio con sindicatos e propietarios de terreos eólicos
Alfonso Rueda, a un paso de confirmarse como sucesor de Feijóo á fronte do Partido Popular de Galicia e da Xunta
Un tiroteo nun vagón de metro de Brooklyn, en Nova York, deixa polo menos 16 feridos
A Audiencia Nacional condena a sete anos e medio de cárcere o home que propuxo matar a Pedro Sánchez en redes sociais
Un home de 49 anos mata o seu irmán de 46 e suicídase en Valencia
Deteñen en Bilbao un fuxitivo que estaba buscado por supostamente agredir sexualmente dous irmáns de 8 e 12 anos
A delegación da Eurocámara terá en tres meses o informe da súa investigación sobre os supostos abusos a menores titelados en Mallorca
Os dous menores detidos pola malleira mortal a Samuel Luiz admiten a súa implicación e pactan a condena
As familias das vítimas do accidente do Alvia cren que o xuízo comeza moi tarde
O concello de Lugo retirou varios códigos QR pegados nos paneis de información turística, que remitían a unha páxina antivacinas
O Seprona investiga a procedencia dunhas verteduras que apareceron en varias praias da Illa de Arousa
Entran roubar na igrexa de Padrón e foxen cunha caixa forte que pesa catro toneladas
Os veciños do rural xa poden pagar recibos sen saír da casa, recibir paquetes, ou enviar cartos en efectivo a través dos carteiros
Vigo recupera o último barco con motor de vapor activo en España
O escritor catalán Tony Gratacós dálle unha volta á historia da primeira volta ao mundo nun thiller histórico
O Camiño Primitivo a Santiago gaña popularidade
O Camiño Portugués é unha das rutas xacobeas máis transitadas
Os peregrinos contan hoxe cun novo albergue público en Oseira
As vivendas turísticas de Galicia estarán case ao completo en Semana Santa
Hoteis cheos en Ferrol e en Viveiro na Semana Santa
Lugo acolle a procesión do Bo Xesús e do Nazareno no Martes Santo
Tristura en Sevilla pola cancelación das procesións debido á chuvia
Mal tempo no inicio das vacacións de Semana Santa en Portugal
Visitamos o único centro de aves silvestres de Galicia, en Outeiro de Rei
O tempo
Probamos os doces de Semana Santa máis vendidos
O poeta lugués Arcadio López Casanova faleceu en Valencia aos 79 anos
Despedida