Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
21/03/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
O Goberno subvencionará con 500 millóns de euros o gasóleo que pagan os transportistas
Oitava xornada de paro, á espera de votar mañá a proposta do Goberno
A industria podería deixar de recoller o leite das granxas en dous ou tres días se non se pon fin ao paro do transporte
As frotas pesqueiras de toda España comezaron hoxe un paro que se prolongará polo menos ata o mércores
A Unión Europea activa un fondo de crise para atallar os problemas na alza dos cereais e dos carburantes que están a pagar os gandeiros e os labregos
Cafeterías, bares e restaurantes comezan a notar escaseza dalgúns produtos pola falta de stocks das empresas provedoras
España renuncia a levar ante o Consello Europeo a proposta de fixar un límite de 180 euros megawatt hora para o prezo da luz no mercado grosista
A Xunta insta o Goberno central a concretar as medidas que adoptará para rebaixar o recibo da luz e os carburantes
O PPdeG cre que o Goberno está tardando en tomar medidas, mentres o PSdeG asegura que o executivo de Pedro Sánchez está a actuar correctamente
A maioría de grupos parlamentarios piden a comparecencia de Sánchez no Congreso polo xiro sobre o Sáhara
A ofensiva rusa sobre Ucraína abre unha nova fronte co primeiro ataque a Odesa
Un grupo de amigos ourensáns logra traer 96 refuxiados desde Ucraína
Os militantes do PP votan hoxe o candidato á presidencia do partido
O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, estudará emprender accións legais contra a xuíza Pilar de Lara
Veciños de Barro concéntranse en repulsa polo suposto homicidio de Jessica Méndez
Morre un home atropelado pola súa furgoneta en Vedra
Comezaron a declarar os mariñeiros que participaron no rescate do Villa de Pitanxo
O avogado da familia de Déborah Fernández considera que o interrogatorio ao investigado polo crime non foi todo o contundente que debería
Un avión con 132 persoas a bordo estrelouse hoxe nunha zona montañosa do sur da China
Entrou en vigor a nova lei de tráfico que incrementa as sancións por puntos
A automoción galega alcanza cifras récord de facturación a pesar da crise dos microchips
A gandería ecolóxica permítelles a moitos produtores resistir mellor a actual situación
O BNG convoca unha manifestación o próximo 3 de abril en Santiago para pedir medidas ante a suba dos prezos
Os panadeiros vense obrigados a subir o prezo do pan
O 80 % do novo hospital da Coruña, que se vai construír sobre o actual, estará rematado en tres anos
A Xunta pide o "máximo consenso" para a futura lei de universidades
Os nenos puideron sacar hoxe as máscaras no recreo nos colexios galegos
Hai lista de espera de máis dunha hora na web da Xunta para conseguir os bonos turísticos
A rede de albergues públicos da ruta norte a Santiago conta xa con 400 prazas
Ourense adiántase a celebración do Día Mundial da Auga cunha sesión de ioga termal
O tempo
Xa se pode visitar na Cidade da Cultura a exposición 'As pegadas do Camiño'
Celébrase o Día Mundial da Poesía
Sae á poxa o retrato de Marilyn Monroe realizado por Andy Warhol
DígochoEu
Despedida