Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
15/03/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Os primeiros ministros de Polonia, República Checa e Eslovenia viaxan a Kíiv en plena escalada bélica rusa para apoiar a Zelenski
Decretan un toque de recollida de 36 horas en Kíiv
España súmase á petición de 30 países de denunciar ante o Tribunal Penal Internacional a Putin por crimes de guerra
Inmobilizan iates de oligarcas rusos nos portos de Palma e Barcelona
O Reino Unido anuncia novas sancións contra Rusia
A ONU estima que xa son máis de tres millóns de persoas as que deixaron Ucraína
A Xunta e a Delegación do Goberno insisten na importancia de traer e acoller refuxiados a través das canles oficiais
O Goberno presenta o plan de acollida de refuxiados en España
Case medio cento de refuxiados chegaron hoxe a Galicia tras unha longa viaxe desde Varsovia
Joe Biden viaxará a próxima semana a Bruxelas para abordar o conflito cos líderes europeos
O Goberno confía en que Bruxelas acepte reformar o mercado eléctrico para frear a escalada de prezos
España pedirá en Bruxelas aplicar os mecanismos do Fondo Europeo Marítimo para compensar a frota polos sobrecustos do gasóleo
A segunda xornada de paro no transporte afecta as descargas en polígonos industriais, lonxas e mercados
Silleda queda sen gando para poxar no mercado dos martes polo paro do transporte
O integrante dun piquete recibiu un disparo de bala accidental cando forcexaba cun policía de paisano en Madrid
Os taxistas teñen que pagar un 40 % máis ca hai dous anos por encher o depósito
O Banco de España recomenda conter os salarios e tamén os beneficios empresariais, para evitar que a inflación siga subindo
O Goberno non contempla intervir no mercado enerxético nin adoptar máis rebaixas fiscais ata que Bruxelas tome medidas
A Xunta aborda vías de colaboracion no sector naval e aeroespacial con Colombia
O secretario xeral dos socialistas galegos pídelle unha reunión ao presidente da Xunta
Feijóo celebra esta tarde o seu acto de campaña en Madrid
Malestar entre os familiares dos falecidos no afundimento do Villa de Pintanxo polas declaracións do patrón nun xornal
O corpo que apareceu en Burela é dun xubilado de Alcoa de 82 anos
O xuíz envía a prisión un home que supostamente tentou matar dous mozos que mediaron nunha pelexa
Detidos 3 xeorxianos especializados en roubos en domicilios polo método 'bumping'
Un motorista morreu esta tarde no barrio lugués da Milagrosa
Atopa o seu coche sen as catro rodas en Boiro
A Garda Civil pillou en apenas media hora tres menores conducindo no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense
Susto por un desprendemento nunha rúa de Santiago
Máis de 162.000 galegos renunciaron a vacinarse contra a covid
Tal día coma hoxe, fai dous anos, comezaba o confinamento obrigatorio por mor da covid
A suba da electricidade fai que moitas persoas busquen enerxías alternativas para os seus fogares
A factura da luz e os servizos bancarios, motivo de queixa no Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras
Cinco concellos do norte de Portugal prohibiron a venda de polos e ovos despois de detectarse un foco de gripe
Comeza a conta atrás para a entrada en vigor da nova lei de tráfico
Medran as vendas de tractores
A calixe deixa ceo amarelo en Galicia
A calixe nótase, sobre todo, no sur de España
O tempo
A Torre Eiffel medra e alcanza os 330 metros de altura cunha nova antena de radio
A partir do luns pódense pedir os bonos turísticos da Xunta
A campaña do Día do Pai preséntase con boas perspectivas no comercio galego
Celébrase en Santiago a Gala do Showcooking Mellor cociñeiro de tapas por Galicia
Presentouse en Santiago o ensaio 'Emilia Pardo Bazán e Galicia', do catedrático da Universidade da Coruña, José María Paz Gago
Despedida