CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

09/02/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Serán
07:57 A máscara deixa de ser obrigatoria no exterior
09:12 Feijóo anunciou que van consultar ao comité clínico se recomendan a máscara nos accesos e patios dos colexios
10:40 150.000 galegos terán que descargar de novo o certificado covid para axustalo á normativa europea
11:06 Galicia baixa dos 50.000 casos de covid por primeira vez desde principios de ano
13:01 Comezan a recibir a segunda dose da vacina os menores de 12 anos
14:03 O Sergas vai implantar nos centros de saúde de Galicia un novo modelo de atención sanitaria
15:53 O rei dá positivo en covid, e estará illado sete días
16:19 O presidente do Goberno deséxalle ao rei unha pronta recuperación
16:33 O presidente da Xunta envíalle unha mensaxe de apoio ao rei
16:47 Suecia súmase a Dinamarca e dá por finalizada a pandemia
17:19 A ministra de Sanidade defende ante a Unión Europea deixar de tratar a covid como unha pandemia
17:58 O ministro de Exteriores reiterou en Kiev o apoio de España á soberanía territorial de Ucraína
19:00 Costa anuncia un equipo de Goberno máis reducido para Portugal
20:00 Alcaldes do PP presentan en Bruxelas proxectos concretos para os fondos de recuperación
21:33 Goberno e sindicatos pactan subir o salario mínimo, sen o acordo da patronal
22:58 Novo choque entre os socios da coalición pola proposta de reforma fiscal que presentou Podemos
23:59 As compravendas entre o 26 de outubro e o 10 de novembro non teñen que pagar a plusvalía
24:25 UPN expulsa por dous anos e medio os dous deputados que votaron en contra da reforma laboral
25:10 A investigación e a construción, dous dos sectores máis afectados pola desaparición dos contratos por obra
26:54 A patronal da banca anuncia un plan de choque contra a exclusión dos maiores
27:20 Abanca comprométese a manter as oficinas dos concellos onde é a única entidade
28:34 Representantes dos gandeiros reuníronse hoxe co conselleiro do Medio Rural para falar dos prezos do leite
29:00 A Xunta propón que o Estado active unha prima de emerxencia de ata catro céntimos por litro de leite
31:17 Feijóo di que o Goberno de Pedro Sánchez está a invadir competencias propias de Galicia en materia de vivenda
34:20 Casado di que o PP recorrerá ante a Xunta Electoral os últimos anuncios "electoralistas" do presidente do Goberno
34:52 Os candidatos a presidir a Junta de Castela e León dedicaron a xornada a preparar o debate electoral desta noite
36:22 Os investigadores cren que Desirée foi vítima dunha morte violenta
40:04 Dúas testemuñas aseguran que Nerea Añel era vítima de malos tratos por parte da súa parella
41:07 O exmozo da rapaza de 17 anos que apareceu morta en Totana confesa que a acoitelou
41:37 Despiden a Esther López, a muller de 35 anos que apareceu morta en Traspinedo
42:02 Deteñen no Saviñao un home de 72 anos por agredir presuntamente cun machete o seu veciño
43:09 A Garda Civil detivo en Sanxenxo un veciño que fabricaba explosivos caseiros na súa vivenda
43:39 Apreixan en Colombia un narcosubmarino con catro toneladas de cocaína
44:13 Unha banda itinerante especializada podería estar detrás do asalto a unha vivenda na parroquia de  Abanqueiro en Boiro
45:34 A dona dunha farmacia de Ferrol denuncia que sofre dous ou tres roubos semanais no establecemento
47:09 Unha xuíza recoñece o dereito dunha viguesa a dispoñer do can da súa exparella no mesmo réxime de visitas que co fillo
48:43 Coñecemos dúas cadelas da Estrada que saben patinar
50:25 O barrio máis barato para alugar piso en toda España está en Ourense
51:08 O pazo do Faramello ofrece xa o espectáculo das ameixeiras en flor
53:02 Moitos bañistas nas termas da Chavasqueira, malia estar pechadas ao público
53:33 Permanece activado o aviso amarelo en todo o litoral galego por mar de fondo
53:56 O tempo
55:24 Celebramos o Día Mundial da Pizza
57:27 Un veciño de Ourense obtivo o premio nacional ao mellor expediente académico no módulo de FP de traballos forestais
59:11 O fillo da autora Isabel Ríos presentou en Curtis a edición en galego de "Testemuño da Guerra Civil"
59:43 Presentan a programación especial polo centenario do nacemento de María Casares
01:01:18 Despedida

Atopar capítulo por: