CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

11/01/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
06:49 Novo récord de positivos diarios en Galicia e unha lixeira repunta dos ingresos en planta
07:11 Contaxiados máis de 80 maiores na residencia de Bembrive
09:33 Esta tarde retomouse a vacinación infantil en Galicia
09:56 Os datos da sexta onda reflicten un descenso no número de persoas que desenvolven enfermidade grave
11:28 Sanidade pide un uso responsable do 061 despois dun aumento do 40 % nas chamadas
12:51 Moitos dos hospitalizados con covid están ingresados por outras patoloxías
14:16 Goberno e comunidades debaten se se trata a covid como unha gripe
15:55 A Organización Mundial da Saúde advirte que é prematuro considerar a covid un virus estacional coma o da gripe
17:30 A EMA di que a covid non se pode tratar aínda como unha enfermidade leve
17:59 Soben en Portugal os casos graves de covid en embarazadas sen vacinar
18:45 Un fillo camiña 12 horas co pai ás costas para levaren a vacina contra a covid no Amazonas
19:17 Transplantan o corazón dun porco xeneticamente modificado a unha persoa nos Estados Unidos
21:42 Morre o presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli
22:13 As bandeiras da UE nos edificios do Parlamento europeo ondean a media hasta pola morte de Sassoli
23:24 O Goberno aproba o plan normativo para 2022, que inclúe 368 propostas
24:06 O ministro de Agricultura repróchalle a Garzón as súas declaracións "desafortunadas"
25:50 A Xunta de Galicia comprométese cos mariscadores da ría do Burgo a tramitar as compensacións económicas polas obras de dragaxe da zona
26:46 A Xunta vai convocar este ano máis de 3.000 prazas para docentes
29:18 O presidente da Xunta recibiu a Alejandro Sotelino, elixido o mellor mestre de España
29:52 A Xunta incrementa este ano un dez por cento as axudas para o funcionamento das casas niño
30:24 O Consello da Cultura Galega celebra o seu primeiro pleno do ano e aproban o programa do 2022, centrado na cultura marítima e na acción exterior
32:35 O vindeiro sábado coñeceremos o nome do novo voceiro dos socialistas galegos no Parlamento
33:02 Deteñen en Francia o home sospeitoso de asasinar a muller en Navarra
33:24 Un home morreu atropelado por un tren esta tarde na parroquia de Campaña, no concello coruñés de Valga
33:54 Morre dun disparo en México o neto dun matrimonio galego
35:37 Morre un patrón de pesca galego tras sufrir un accidente no porto de Dakar, no Senegal
36:06 Distintos cazadores do concello de Meis están a recibir ameazas anónimas desde hai meses
37:55 En Sada, un grupo de veciños está a organizar patrullas de vixilancia pola rúa ante a falta de axentes da Policía Local
39:29 O mozo acusado de degolar un mestre xubilado en Vigo terá que volver aos xulgados este xoves
40:02 A Audiencia Nacional ordena a liberdade provisional de Sito Miñanco e doutros 5 investigados pola operación Mito
40:26 O uso abusivo das redes sociais entre os máis novos pode supoñer un perigo para a súa saúde mental
42:41 A AC-552 é a estrada máis ruidosa de Galicia
44:10 Rouban cable de cobre en 24 farois dun parque de Valga
45:40 A Garda Civil investiga os danos sufridos en medio cento de castiñeiros nun souto de Begonte
47:19 Prolifera o abandono de mascotas tras as festas do Nadal
49:20 Adianto do tempo
50:35 Un tremor de 6,9 graos derrubou unha sección de dous metros da gran muralla chinesa.
51:04 'The New York Times' inclúe as illas Cíes na súa exclusiva selección de destinos turísticos
53:00 Preséntase Fitur, coa mensaxe de recuperar a normalidade no turismo
53:55 Xinzo, Laza e Verín buscan fórmulas para poderen celebrar os seus entroidos
57:12 Un libreiro de Lugo homenaxea no seu escaparate o 50 aniversario de Fuxan os Ventos
59:20 #DígochoEu
01:00:11 Despedida

Atopar capítulo por: