Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
10/01/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Os colexios e os institutos galegos retomaron as clases con 13.000 baixas por covid, entre alumnos, profesores e traballadores dos centros educativos
Os rapaces galegos de entre 5 e once anos de idade van estar vacinados coa primeira dose contra a covid a finais desta mesma semana
Os contaxios diarios rozan os 5.000 e hai máis de 500 enfermos ingresados en Galicia
O elevado número de contaxios durante o Nadal xa se nota nos hospitais
Os datos récord que rexistra Portugal obrigaron a estender o peche dalgunhas actividades e tamén o teletraballo obrigatorio
Os universitarios que sexan positivos ou estean confinados poderán facer as probas noutras datas ou de forma telemática
Máis de 30 puntos para facer test covid en Galicia
O Goberno regulará o prezo dos test de antíxenos para que custen o mesmo en todas as farmacias
A Axencia Europea do Medicamento avalía a solicitude para comercializar a pílula contra a covid de Pfizer
A incidencia da covid en España dispárase tras o Nadal, e queda ás portas dos 3.000 casos por cada 100.000 habitantes
O presidente do Goberno lamenta a polémica desatada tras as críticas do ministro de Consumo ás macrogranxas
Coñecemos a app galega que lles facilita aos gandeiros toda a información sobre o estado das vacas
A líder do BNG reitera o seu rexeitamento ao texto acordado polo Goberno central e os axentes sociais sobre a reforma laboral
O PSdeG insta a Xunta a activar un plan urxente de contratación en educación e sanidade para afrontar a sexta onda da pandemia
A carreira das primarias do PSdeG nas catro provincias entra na súa recta decisiva coa presentación dos avais
O Tribunal Constitucional admitiu o recurso do PP e vai estudar se foi ilegal anular a votación no Senado para rebaixar o IVE dos salóns de peiteado
A hostalería xa repercute nos clientes a suba da luz e das materias primas
Vigo é a segunda cidade máis cara de España para botar combustible, só por detrás de Bilbao
A venda de coches de segunda man subiu un 5 % o ano pasado en Galicia
A metade das cubas da fábrica de Alcoa en San Cibrao deixaron xa de producir, e está previsto que a actividade cese por completo en dúas semanas
A Xunta estuda recorrer ante o Tribunal Constitucional contra a reforma da Lei de costas que limita a 75 anos as concesións en terreos do litoral
A Xunta achegará 150.000 euros para a promoción do mexillón de Galicia
O servizo Xantar na casa quere chegar a máis galegos este ano
Catro mozos recibiron hoxe as últimas vivendas protexidas de alugueiro que rehabilitou a Xunta en Lugo
Comezou a derruba das casas de San Xosé, consideradas un dos puntos habituais de comercio de drogas na Coruña
A policía investiga en Monforte a identidade de quen se dedica a usar pirotecnia polas noites por toda a vila
Veciños da zona vella de Ourense quéixanse dos problemas que xeran varios locais de ocio nocturno
Asisten á misa en Arcade e ao remate saquean a igrexa
As cámaras dun refuxio de animais de Pontevedra gravaron o momento en que dúas persoas abandonaban un can atado ás portas do centro
O paso dun camión de propano mantén enfrontados os veciños da Choupana, en Cangas
Protestan pola instalación dunha marquesiña de bus ante a sala de estar da súa casa, en Portosín
Atopan o cadáver dunha muller nunha praia de Muros
Morre unha das dúas persoas evacuadas este domingo en Arteixo por un escape de gas nunha vivenda de Chamín
Condenan a 10 de cárcere un home que pagou a unha nena de 14 anos para manter relacións sexuais
O suposto asasino do profesor xubilado de Vigo tiña antecedentes por estafa
Investigan o asasinato dunha muller que apareceu morta na súa casa en Tudela
Morre outra das nenas feridas en Valencia no accidente dun hinchable
Unha estufa eléctrica parece ser a orixe do incendio que onte calcinou un edificio de Nova York, en cuxo interior morreron 19 persoas
O bebé afgán entregado a un militar estadounidense xa está coa súa familia
Navarra mantén activa a alerta de preemerxencia polas enchentes
Restauran a duna da praia de Riazor, na Coruña, para minimizar o impacto dos temporais
O tempo
Coñecemos un dos últimos oleiros artesáns que quedan en Niñodaguia
DígochoEu
Despedida