Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
22/12/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A máscara será obrigatoria tamén en exteriores, como prouxo Galicia na conferencia de presidentes
Sánchez defende que a extensión da vacinación non fai necesarias medidas máis estritas para combater a sexta onda
O Goberno celebra mañá un Consello de Ministros extraordinario para poñer en práctica as novidades acordadas na conferencia de presidentes
O presidente da Generalitat insiste en que as restricións adoptadas para Cataluña se estendan ao resto de España
Galicia non rexistraba tantos contaxios diarios desde finais de xaneiro, en plena terceira vaga do virus
Saúde Pública atribúe o incremento dos contaxios a unha maior interacción social
Xornada de repesca para os rapaces de 9 a 11 anos que quedaron sen vacinar
O prezo da luz alcanzou hoxe un novo máximo histórico, e mañá volve rebentar todas as marcas
O FMI rebaixa a previsión de crecemento para España ao 4,6 por cento
O pleno do Senado aproba definitivamente a lei de interinos, para reducir a temporalidade no emprego público
O vicepresidente da Xunta repróchalle ao Goberno central falta de compromiso co Xacobeo
A frota que opera no Gran Sol vai dispoñer dun 20 por cento menos de pescada para pescar o ano que vén
Rosa Quintana considera que a redución das cotas vai ter unha forte repercusión económica no sector pesqueiro
Alcoa presenta a súa oferta final aos traballadores da factoría de San Cibrao
A Conferencia Sectorial de Educación reuniuse esta tarde para planificar o bacharelato
A Consellería de Sanidade presenta a campaña Estimada-MENTE, destinada a sensibilizar sobre a saúde mental
A Audiencia Nacional rexeita a medida cautelar proposta pola Xunta Polémica arredor da lei do lobo
A Xunta de Galicia convoca axudas por 450.000 euros para o coidado e atención dos animais domésticos abandonados
A lotería de Nadal deixa este ano en Galicia uns 23 millóns de euros
O Gordo da Lotaría recaeu no 86.148, que se vendeu en Madrid, Ayamonte e Gran Canaria
A sorte tamén toca a illa da Palma
Os loteiros maniféstanse para pedir que lles aumentan as comisións
A Garda Civil atopou máis restos biolóxicos do home que a moza de Cortegada declarou matar e queimar
Os investigadores do caso de Déborah Fernández piden que declare como investigada a exparella da moza, como xa leva anos reclamando a familia
Deteñen en Madrid un home de 32 anos como presunto autor do acoitelamento do neno de 6 anos preto do colexio en Chamartín
Os vixilantes da confraría de Arousa denuncian que sofren ameazas
Os concellos polos que pasa a autoestrada entre Dozón e Santiago reclaman bonificacións nas peaxes, semellantes ás da AP-9
O AVE a Galicia recentemente estreado centrou parte da sesión de control no Parlamento
O Parlamento posiciónase a favor da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia, e rexeita os independentismos
A recuperación da economía galega acelérase no terceiro trimestre
Inditex prepara unha nova ampliación da súa sede central en Arteixo
O tempo
O prezo do marisco segue escalando nas vésperas de Noiteboa e Nadal
Unha pastelaría de Pontevedra vende o seu dragón de mazapán e turrón de 65 metros
Volven as postais de Nadal
DígochoEu
Despedida