Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
13/12/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Xa están en Galicia as primeiras doses da vacina pediátrica contra a covid
O presidente da Xunta agarda que Galica reciba pronto máis doses para poder vacinar máis nenos
Galicia administrou xa máis de 900.000 doses de reforzo da vacina contra a covid
Elévanse a nove os casos da variante ómicron en Galicia: tres na área de Vigo e seis na da Coruña
A incidencia da covid alcanza en Galicia os 444 casos por cen mil habitantes
O Reino Unido confirma o primeiro caso de morte pola variante ómicron
Portugal alcanzou hoxe a incidencia máis alta dende o mes de marzo
A negociación sobre as cotas pesqueiras en Bruxelas prevése longa
Comeza unha semana decisiva para a reforma laboral
Remata sen acordo unha nova reunión entre o Goberno e os transportistas, unha semana antes do paro convocado pola patronal
Vestas négase a adiar o peche da súa fábrica en Viveiro e comunicará desde o mércores o despedimento a preto de 100 traballadores
Stellantis Vigo aproba o ERTE para o 2022 para facer fronte á crise mundial polo desabastecemento de semicondutores
250.000 vehículos, en lista de espera nos concesionarios españois pola crise de subministracións
A compra de vivendas medra un 14 % en Galicia
Máis de 15.000 familias galegas beneficiaranse das axudas europeas para a rehabilitación de vivendas
O prezo da luz acada mañá a segunda cifra máis elevada da historia
A planta de Reganosa, en Mugardos, pecha un ano histórico en descargas de gas
Acordos entre empresas e comunidades de montes para compensar a pegada de carbono
A Fundación Artesanía de Galicia concedeulle o seu premio anual á cesteira Idoia Cuesta e a distinción honorífica a Álvaro Seivane
Antonio López repetirá outros catro anos como reitor da Universidade de Santiago, ao non presentarse máis candidatos para o cargo
O PP de Vigo solicita a celebración dun pleno extraordinario sobre a condena a un funcionario por enchufar unha cuñada de Carmela Silva
Abel Caballero evita pronunciarse sobre a condena a un funcionario por enchufar unha cuñada de Carmela Silva
Mariano Rajoy volveu negar hoxe a existencia dunha caixa b no Partido Popular e desvincúlase por completo da operación Kitchen
A Fiscalía suíza arquiva a causa pola doazón de 65 millóns de euros de don Xoán Carlos a Corinna Larssen
O ministro do Interior di que o Goberno non comenta resolucións xudiciais
O Goberno declarará zona catastrófica os territorios anegados nas últimas horas pola enchente do Ebro
A mellora da calidade do aire permitiu desconfinar 35.000 veciños da Palma
Polo menos 78 persoas morreron nos Estados Unidos a causa dos tornados desta fin de semana no centro do país
Piden 13 anos e medio de cárcere e dúas multas de 300 millóns para os 7 acusados de traer un alixo de 3 toneladas de cocaína a bordo dun narcosubmarino
A Policía Nacional detivo en Lugo un traficante que repartía cocaína en patinete
Detido un home en Santiago como presunto autor dunha agresión sexual a unha muller no aseo dun bar, o pasado 28 de novembro
Unha muller será considerada vítima de violencia de xénero aínda que o acusado fose absolto ou o caso se arquivase por falta de probas
Unha exposición en Vilar de Barrio pon en valor o papel das mulleres rurais
Unha muller morreu nunha colisión múltiple na autovía da Barbanza
A DXT comprobará o estado dos autobuses escolares e faralles controis aos condutores
A folga dos traballadores dos autobuses urbanos de Vigo é indefinida desde hoxe
Unha queixa veciñal polos ruídos no interior dunha vivenda acabou destapando un presunto caso de desamparo de menores na Coruña
Os veciños do barrio coruñés dos Mallos teñen medo ante os constantes casos de ocupacións ilegais das vivendas
Un peregrino que esquece pagar o almorzo nun bar do Camiño manda unha carta cos cartos
Visitamos en Ordes unha das casas máis iluminadas de Galicia
As especialidades de Nadal xa enchen os escaparates das pastelarías
Os Bolechas saen de xira polo Nadal
O tempo
Presentan na Coruña o documental 'Non hai espellos nos manicomios', sobre saúde mental
Atopan morta na súa casa de Madrid a actriz de 66 anos Verónica Forqué
A TVG e a TPA preparan 'O tren que me leva'
Despedida