Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
18/11/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A incidencia da covid supera os 100 casos por cen mil habitantes en España por primeira vez desde setembro
A Xunta anuncia medidas ante o aumento de casos de covid
Mañá reabren os centros de vacinación masiva de Galicia
A Policía Local de Lugo auxiliou un señor maior que estaba agardando polo autobús para irse vacinar ás dúas menos cuarto da mañá
Alemañá prohibirá o acceso dos non vacinados ao ocio, a cultura ou o deporte
Portugal ofrece test gratuítos entre as medidas para atallar a quinta vaga da pandemia
Fernando Simón cuestiona o uso do certificado covid en España, co 90 % da poboación vacinada
A ministra de Facenda di que é imposible executar o fondo covid para as comunidades que aprobou o Congreso cos votos en contra do Goberno
Feijóo advirte do risco de que o fondo covid non se habilite por igual en todas as comunidades autónomas
O Sergas acordou cos sindicatos renovar 738 contratos de persoal sanitario para atender as necesidades derivadas da covid
Os catro novos maxistrados do Tribunal Constitucional xa tomaron posesión do seu cargo
O xuíz que investiga o financiamento de Podemos ordena estudar algúns pagos procedentes de Venezuela a dirixentes históricos da formación
Yunior García, o líder das protestas contra Díaz Canel en Cuba, asegurou en Madrid que o réxime necesita silencialo
Yunior García mantivo un encontro con Pablo Casado
Centos de estudantes concentráronse esta tarde diante do Congreso en contra das dúas reformas universitarias que promove o Goberno
A Xunta estuda recorrer a nova lei educativa aprobada polo Goberno que permite pasar de curso con materias suspensas
O ministro de Seguridade Social nega que a suba de cotizacións acordada esta semana cos sindicatos vaia danar a competitividade das empresas
A patronal rexeita a proposta do Goberno para limitar a contratación temporal
Desde hoxe e ata final de ano, as mulleres traballarán de balde en comparación cos seus compañeiros homes
A maior feira de emprego de España celébrase estes días en Santiago
A produción na factoría viguesa de Stellantis volverá sufrir interrupcións a semana vindeira pola falta de subministración
Bruxelas permitirá as axudas públicas para fabricar chips
O prezo da luz volve subir para mañá: será o máis alto do que levamos de mes
Soben os alugueiros, que se actualizan conforme ao IPC
A Xunta vai dedicar 157 millóns de euros o ano que vén á rehabilitación de vivendas
Coñecemos a figura do 'personal shopper' inmobiliario
Lugo é a cidade galega que quedará máis afastada de Madrid a través do AVE
O porto de Vigo celebra o seu 140 aniversario
As grandes cadeas de distribución galegas retirarán o leite das empresas Lactalis e Capsa mentras non lles suban o prezo en orixe aos gandeiros
Último día para que os establecementos soliciten o bono cultura da Xunta
Manifestación en Ourense para reclamar investimento público para a cidade
Prisión comunicada e sen fianza para as dúas acusadas de asasinar unha moza no Barco de Valdeorras
O xurado declara culpable por unanimidade o veciño de Rábade que matou o seu irmán
O pai de Desirée Leal espera que se faga xustiza
Quedou en liberdade con cargos o mozo que detiveron en Arteixo despois de que a súa parella se guindara pola ventá
O xornalista Mark Guscin cre que Basterra non pedirá permisos penitenciarios
Mañá mesmo podería haber veredicto no xuízo polo crime de Laura Luelmo
Seis coches implicados nun accidente múltiple na autoestrada do Val Miñor
Piden medidas de seguridade no punto negro de Nigrán onde se produciu onte un accidente
Por terceiro día, continuou a busca da muller desaparecida o martes no concello coruñes de Trazo
Sen resultados o rastrexo para atopar o pescador desaparecido o domingo no Grove
Homenaxe á falecida na riada de hai tres anos en Viveiro
A ría do Vicedo-O Barqueiro é a última ría que inspeccionou o servizo de Gardacostas de Galicia na loita contra o furtivismo
O tempo
A próxima madrugada veremos en Galicia a eclipse parcial de lúa máis importante en case 600 anos
Mañá fai 2 meses da erupción do volcán da Palma
O xornalista David Beriain, asasinado en abril en Burkina Faso, recibiu hoxe a título póstumo o premio Fernández Latorre
El Correo Gallego entrega en Santiago os Premios Galegos do Ano
Unha libraría de Santiago marida libros con viños e xoias
Volve aos escenarios a coral Ruada de Ourense
Despedida