Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
15/11/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Galicia, preto do risco medio: a incidencia subiu a 47,82 casos por cada cen mil habitantes
As áreas sanitarias da Coruña e de Ourense son as máis afectadas pola repunta de casos de covid
A taxa de España sobe a 82 e algunhas comunidades preparan restricións
Comezaron a recibir a dose de reforzo os vacinados con Janssen
A Axencia Española do Medicamento autoriza os ensaios clínicos da primeira vacina española contra a covid
A Comisión Europea alerta de que a situación epidemiolóxica se está complicando no continente
Unicef e a CRTVG emprenden xuntos unha campaña a prol da vacinación infantil
Máis de 180.000 galegos superaron a covid
Celébrase o Día da Adherencia aos Medicamentos para lembrar a importancia de tomar ben os tratamentos
O Goberno vai investir 1.500 millóns de euros ata 2.023 para dixitalizar a sanidade e impulsar a medicina de precisión en España
Goberno e sindicatos acordan subir as cotizacións sociais para pagar as pensións da xeración do 'baby boom'
O presidente da Xunta e a ministra de Industria e Turismo abordaron no seu encontro hoxe en Madrid a situación da industria galega
Ana Pontón apoia a convocatoria da folga na Mariña o próximo mércores
España esixe menos recortes nas cotas pesqueiras do 2022
Greenpeace pide en Reganosa un plan de abandono dos combustibles fósiles
O megawatt hora chegará mañá aos 194 euros, o segundo prezo máis alto do que vai de novembro
A bombona de butano sobe un 5 % mañá
Faltan traballadores cualificados na hostalería
A compravenda de vivendas en Galicia rexistrou no mes de setembro o maior aumento dos últimos 11 anos
O novo plan de financiamento das universidades permitirá construír e rehabilitar os edificios máis singulares dos campus galegos
A partir do próximo curso os colexios españois deberán ter un coordinador contra o acoso escolar
O BNG no Congreso sumouse a unha iniciativa de ERC e de Bildu, que pide a retirada do título de Rei de España, e de todas as súas perrogativas
O Tribunal Supremo rexeita suspender a condena o que fora deputado de Podemos Alberto Rodríguez
Gonzalo Caballero pídelle ao secretario xeral electo do PSdeG, Valentín González Formoso, que elimine calquera risco de ruptura interna
A oposición arxentina afianza o seu triunfo sobre o peronismo nas eleccións lexislativas do país
O rei Filipe anima a preservar o consenso do Cumio Iberoamericano a pesar das diferenzas
Portugal prohibiu por lei que os xefes se poñan en contacto cos seus traballadores despois da xornada laboral
Chega ao mar unha nova coada do volcán da Palma
Comezou o xuízo ao home acusado de asasinar e violar a mestra Laura Luelmo en 2018 en Huelva
A familia de Jimmy recorre contra un novo arquivo do caso do seareiro morto nunha pelexa en Madrid en 2014
Un camioneiro de 62 anos faleceu nun accidente na autovía A-55 ao seu paso polo concello de Tui
Stop Accidentes e a Dirección Xeral de Tráfico en Galicia promoven o uso do chaleco para evitar atropelos
Campaña especial da DXT para vixiar o estado dos pneumáticos e das luces
A Xunta activou o plan invernal de limpeza de estradas para actuar ante calquera imprevisto meteorolóxico
Suspendeuse ata mañá o operativo de busca do pescador afeccionado desaparecido no Grove
Simulacro de rescate da Cruz Vermella do Mar no porto da Coruña para celebrar os 50 anos de Salvamento Marítimo
Expectación polo rescate dunha vaca atrapada nunha zona de difícil acceso en Vila de Cruces
A presión veciñal e a mediación da Policía Local e da Garda Civil facilitou o remate dunha ocupación ilegal nunha vivenda do concello de Cambre
Rehabilitan unha aldea de Rairiz de Veiga para o turismo rural
Renfe ten bloqueada a venda anticipada de billetes entre Ourense e Madrid para a semana de Nadal, en que podería entrar en servizo o AVE a Galicia
Adiántase a compra de cestas de Nadal por medo ao desabastecemento
As cidades galegas preparan as luces do Nadal
Os comercios tamén adiantar a decoración de Nadal
O tempo
Coñecemos a asociación que elabora as caixas de benvida para os bebés galegos
Despedida