Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
                        
                        09/11/2021 21:30 h                        
                        
                    
                                    
                Índice de contidos
 Titulares do 'Telexornal serán'
 O conselleiro de Sanidade móstrase preocupado polo aumento da incidencia nas últimas semanas
 A mortaldade dispárase en países con pouca poboación vacinada
 Os empresarios rexeitan o plan do Goberno de subir as cotizacións sociais para pagar as pensións
 O sector do transporte denuncia que leva meses traballando a perdas e estuda mobilizarse
 O PP pídelle ao Goberno que explique por que non negociou cos transportistas o proxecto de cobrar por circular polas autovías
 Os gandeiros esixen prezos xustos do leite e claman polo sobrecusto que teñen para producir
 Os concellos da fronteira do río Miño denuncian que cada vez teñen menos trens
 A falta e o encarecemento das materias primas fan que cada vez máis empresas renuncien a executar obras públicas
 O sector da construción di que en Galicia necesitarán cubrir nos próximos anos 1.300 empregos
 Freire negocia construír 7 buques co Goberno indonesio
 Os traballadores de Vestas, en Viveiro, irán aos tribunais para denunciar o ERE
 O vicepresidente segundo da Xunta inicia as xuntanzas cos concellos afectados polo peche das centrais térmicas
 Case o 11 % da poboación española non pode manter quente o seu fogar, segundo unha enquisa da Oficina Europea de Estatística
 Calviño xa non descarta rebaixar a previsión de crecemento
 Policías e gardas civís cargan contra a derrogación da Lei de seguridade cidadá
 Autorízase que os gardas civís leven tatuaxes visibles, nos brazos, nas mans, na cabeza ou no pescozo
 Chile abre un proceso inédito de destitución contra o presidente da República, Sebastián Piñera
 Aumentan as voces dentro do PSdeG que piden a dimisión de Gonzalo Caballero como secretario xeral da formación tras perder as primarias
 Unha nova coada do volcán da Palma desembocou este martes na praia dos Guirres
 A Ertzaintza detivo o home que se atrincheirou dentro dunha cafetería da localidade biscaíña de Barakaldo tras ferir a propietaria do local e un cliente
 Dous dos doce inmigrantes marroquís que lograron fuxir do avión que aterrou en Palma de Mallorca viaxaron a Barcelona en barco
 Cinco testemuñas da malleira que lle custou a vida ao mozo Samuel na Coruña volveron hoxe ao xulgado
 O xulgado que investiga a morte de Déborah Fernández accede a que se tomen mostras de ADN a varias persoas ás que nunca se lles pedira
 Arquivan a causa contra dezasete persoas que accederon ao pazo de Meirás para solicitar a súa devolución
 Prisión provisional para o home detido por acoitelar a súa filla en Vigo
 Fixéronse pasar por gardas civís para entrar nun domicilio do Carballiño
 Deteñen un veciño de Barbadás de 23 anos como autor do roubo na igrexa románica de San Pedro da Mezquita, no concello ourensán da Merca
 Arden nas Pontes dous edificios deshabitados
 O Concello da Coruña reclama a propiedade dun céntrico edificio que está valorado en máis de 13 millóns de euros
 Unha herdanza millonaria sorprendeu un home do Barco de Valdeorras
 Nemesio Barxa é o avogado en activo que máis tempo leva exercendo a súa profesión en Ourense
 A presidenta do Consello de Estado inaugurou esta tarde en Pontevedra a Aula Magna Mulleres por África
 A Coruña reúne estes días 1.200 profesionais da cirurxía de toda España que abordarán os últimos avances da robótica aplicada ao eido sanitario
 As peles da pataca ou do melón poden aproveitarse para usos na industria farmacéutica ou cosmética
 Galicia rexistrou no que vai de ano máis de 9.000 accidentes de tráfico, case a metade con animais implicados
 Comeza con optimismo a campaña de recollida da oliva en Quiroga
 O tempo
 Rueda confirma que o Plan Xacobeo do Goberno central permitirá investir 22 millóns de euros en restaurar bens de interese cultural
 No que levamos de ano, pediron a compostela máis de 170.000 peregrinos
 Homenaxe en Santiago a Rafael Silva Costoyas, o fundador da librería Follas Novas hai 50 anos
 A filla do fotógrafo galego Manuel Ferrol entregará mañá ao papa Francisco unha das fotos máis emblemáticas da emigración galega
 Comezou na Coruña a quinta edición do Festigual, o festival de artes pola inclusión cultural
 Despedida