Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
03/11/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
O Congreso dos Deputados debate desde hoxe as sete peticións de devolución dos presupostos
O Goberno negociará cos axentes sociais a posibilidade de aumentar as cotizacións á Seguridade Social para encher o peto das pensións
Os sindicatos estudan a proposta de subir as cotizacións e a patronal critica a présa coa que o Goberno quere negociar a medida
O Goberno reúnese cos axentes sociais para negociar a derrogación da reforma laboral
Baixa o paro por primeira vez en 46 anos nun mes de outubro
O Tribunal Constitucional pecha a porta as reclamacións pola plusvalía posteriores ao 26 de outubro
Primeiro revés político para o presidente dos Estados Unidos nas primeiras eleccións estatais e locais
Os Estados unidos comeza a vacinar con Pfizer os rapaces de entre 5 e 11 anos
En dúas ou tres semanas rematará a vacinación contra a covid dos maiores de 80 anos
Nas residencias de maiores segue en marcha a campaña de vacinación da gripe
Unha viaxe organizada a Benidorm orixina dous gromos de covid en Ourense
A conselleira de Política Social anuncia a creación de 280 prazas de atención diúrna para persoas con discapacidade
Reganosa vai pechar este ano como a regasificadora con máis actividade de España
O sector da loxística de Galicia afirma que a poboación non vai sufrir desabastecemento
A falta de microchips dana o sector automobilístico
Audasa advirte de que pedirá unha indemnización millonaria se Europa e España lle quitan a concesión da AP-9, que tiña concedida ata 2048
A Comisión Europea propón novas rebaixas nas capturas de peixe para o 2022 que afectarían de xeito considerable a frota galega
O PP vai presentar iniciativas lexislativas en Galicia e no Senado para garantir que os gandeiros non vendan o leite por baixo do custo de producilo
A denuncia dun gandeiro de Lugo polos prezos baixos do leite fíxose viral nas redes sociais
Ourense é desde hoxe ata o domingo a capital gastronómica da península coa apertura dunha nova edición de Xantar
Continúa a mala calidade do aire na Palma e hai seis ingresados con problemas respiratorios nos hospitais
Segue ingresada na UCI a moza violada en Igualada
A Fiscalía e as acusacións particulares van pedir a prisión permanente para José Luis Abet, o autor confeso do triplo crime de Valga
O último detido polo crime de Samuel Luiz xa está en liberdade
Investígase a desaparición dun mozo da Illa de Arousa cando participaba na recollida dun cargamento de cocaína en augas do Atlántico
Quedou en liberdade con cargos o mozo detido en Lugo por empurrar unha moza desde a muralla romana
Nova estafa telefónica: fanse pasar por bombeiros para recadar cartos
Denunciados tres mozos de Lugo por utilizar un rifle sen contar coa autorización que precisan todas as armas deste tipo
Coñecemos a Esperanza, unha ourensá que vai facer 105 anos chea de enerxía
Xa hai neve na montaña de Ourense
O tempo
A raíña xa está no Paraguai, na que é a súa sexta viaxe de cooperación internacional
O 8 de novembro comeza en Santiago unha nova edición de Cineuropa
Juan Tallón recolle en Lugo o XXVIII Premio xornalístico Puro Cora
A sede de Afundación na Coruña acolle unha mostra antolóxica do galego David Rubín
Faleceu aos 81 anos o popular cantante francés Georgie Dann
'DígochoEu'
Hoxe fai 64 anos dun dos episodios máis famosos da carreira espacial: o inicio da viaxe da cadela rusa Laika
Despedida