Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
28/10/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Os reis entréganlle o premio á mellor escola do ano de toda España á escola Mestra Clara Torres de Tui
A implicación de toda a comunidade na educación dos cativos é a clave do éxito desta escola rural
España volve superar os 20 millóns de ocupados, por primeira vez dende a crise financeira de 2008
O presidente do Goberno valorou os datos da EPA na súa conta de Twitter
Os prezos da enerxía disparan o custo da vida en España a niveis que non se vían desde hai case 30 anos
As froitas e as verduras, entre os produtos que máis soben
O BCE alerta de que os prezos subirán máis do esperado
Medio milleiro de persoas maniféstanse en Madrid pola suba do prezo da luz
Baixa o prezo do gas un 7 % despois de que o presidente de Rusia ordenara a Gazprom aumentar as súas reservas de gas en Europa
Chega a Ferrol o primeiro buque con carbón para a central térmica de Endesa
O Tribunal Supremo confirma a nulidade do despedimento colectivo en Alcoa
Vestas négase a ampliar as consultas do ERE ata finais de ano
Conde di que aumentarán nun 35 % os fondos para avanzar nunha transición enerxética xusta
15.000 gandeiros galegos comezaron a recibir hoxe o anticipo das axudas europeas da Política Agraria Común
O vicepresidente primeiro da Xunta repróchalle ao Goberno de España que non dedique fondos para o Xacobeo nos presupostos do ano que vén
Gonzalo Caballero anuncia un acordo co alcalde de Vigo para unha lista de unidade no Congreso do PSdeG
Ana Pontón confirma que se vai presentar á reeleción como portavoz nacional do BNG na asemblea do 7 de novembro
Jácome asegura que é legal destinar parte dos cartos que percibe Democracia Ourensana á televisión da súa propiedade
A Audiencia Nacional condena o extesoureiro do PP Luis Bárcenas por pagar en B a reforma da sede
A cidade estremeña de Trujillo acolle o trixésimo segundo Cumio Hispano-Luso
O primeiro ministro de Portugal asegura que non pensa dimitir
Continúa nos centros de saúde a campaña de vacinación contra a gripe, que no caso dos maiores de 80 coincide coa dose de reforzo contra a covid
A venda de medicamentos contra a gripe recupera este mes de outubro os seus valores normais
A Xunta vai aprobar mañá o novo plan de infraestruturas de atención primaria
O ano que vén quedará prohibido facer publicidade de produtos insáns en horario infantil
O novo bacharelato permitirá ter o título cun suspenso e acceder así á ABAU
A UVigo convoca 111 prazas, a maior oferta de emprego da súa historia
A illa da Palma rexistrou este xoves máis de cen terremotos
Catro anos de prisión para un vigués que tentou matar a coiteladas o amante da súa prometida no verán de 2020
A casualidade e a valentía dos veciños conseguiron frustrar un roubo en San Cibrao das Viñas
A intervención dun neno resultou decisiva na recuperación de varios instrumentos musicais roubados hai uns días en Tomiño
O mercado das bicicletas segue desabastecido
A auga da traída do concello de Castro de Rei volve ser apta para o consumo
As flores para o Día de Defuntos encarecéronse entre un 20 e un 40 por cento
Labores de limpeza nos cemiterios nos días antes de Defuntos
Últimas compras para os disfraces do Samaín
Presentan unha réplica do Guernica feita con 500 quilos de chocolate no Salón do Chocolate de Paris
Avisos amarelos por vento e chuvia na metade oeste de Galicia
O Consello da Cultura Galega premia a Luis García Montero e a Helena González por promover o galego no exterior
Premio Nacional das Letras para José María Merino, mestre da literatura fantástica
DígochoEu
Unha vasca de 97 anos arrasa nas redes sociais con videos divertidos e cheos de vitalidade
Facebook xa ten novo nome: a empresa matriz chamarase agora Meta
Conectamos co 'Land Rober'
Chega unha nova edición do concurso A canción do Nadal da TVG
Despedida