Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
                        
                        27/10/2021 21:30 h                        
                        
                    
                                    
                Índice de contidos
 Titulares do 'Telexornal serán'
 Pedro Sánchez convoca as vicepresidentas Nadia Calviño e Yolanda Díaz para solucionar a crise interna pola reforma do mercado laboral
 O presidente do PP acusa a Pedro Sánchez de ocultar aos españois o que asinou con Europa sobre a reforma laboral
 O Goberno prepara un borrador para revisar o imposto de plusvalía, anulado polo Tribunal Constitucional
 A sinatura de hipotecas disparouse en Galicia máis dun 60 % en agosto con respecto ao mesmo mes de 2020
 As exportacións desde Galicia medraron case un 23 % entre xaneiro e agosto
 A Comisión Galega da Competencia considera excesiva a compensación económica que recibiu Audasa polas obras de ampliación da autoestrada AP-9
 O Goberno renegocia os prezos coas construtoras para que non paren os traballos polos sobrecustos das materias primas
 A falta de materias primas chegou tamén ao sector téxtil
 O Goberno de Alxeria garantirá a suministración actual de gas natural a España e os incrementos que puidésemos precisar no futuro
 A bombona de butano custa en Portugal case 10 euros máis ca en España
 Os portugueses son maioría entre a clientela das gasolineiras galegas da raia
 Portugal irá a eleccións anticipadas, despois de que o Goberno socialista non acadase apoio para sacar os orzamentos
 O Bloque Nacionalista Galego non presentará emenda á totalidade ao proxecto de presupostos xerais do Estado, como si fixeron o ano pasado
 Os orzamentos da Xunta para o próximo ano terán o maior gasto social da historia
 Esta noite celébrase o debate entre os dous candidatos a liderar o Partido dos Socialistas de Galicia
 A xustiza europea impón unha multa dun millón de euros diarios a Polonia por vulnerar a independencia xudicial
 O exxefe da contraintelixencia venezolana acusa o fundador de Podemos, Juan Carlos Monedero, de recibir pagos do Goberno de Nicolás Maduro
 O Tribunal Constitucional anula tamén o segundo estado de alarma decretado entre novembro de 2020 e maio deste ano
 España queda preto de volver ao risco medio, mentres Galicia segue en nova normalidade a pesar dunha lixeira repunta de contaxios
 Sanidade manterá durante o mes de novembro as restricións vixentes agora mesmo nos eventos deportivos
 Os estudantes afixéronse a axustar os gastos pola pandemia
 Fabiola García lembra que a Xunta soporta o maior peso da factura da dependencia en Galicia
 Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León abandonan o grupo de traballo sobre o lobo
 O dono dun can pastor fálanos de como lle afectará a lei que obrigará a xubilar os animais ao chegar a unha idade
 Abaten un xabaril de 154 quilos na Ribeira Sacra
 Un novo dispositivo tecnolóxico permite predicir con total precisión o parto das vacas
 Aumenta a forza dos terremotos na illa da Palma
 Quítanlle 45.000 euros da conta a unha veciña de Santiago mediante unha nova estafa telemática
 Aumentan as estafas a través de Bizum
 A Garda Civil dá por desartellada unha rede que vendía heroína por distintos concellos da comarca de Bergantiños
 Unha familia da localidade luguesa de Rábade séntese enganada polos seus caseiros
 Un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios sitúa Vigo como a cidade española máis cara para morrer
 Un peregrino suízo coa metade do corpo paralizada está a percorrer o Camiño Francés nunha bicicleta adaptada
 Os cogomelos poderían servir de antídoto contra a depresión
 A empanada do cociñeiro Pepe Solla venderase en diferentes gasolineiras de Repsol
 Os doces típicos de Todos os Santos xa enchen as vitrinas das pastelarías
 As reservas para a ponte de Santos rozan o cen por cento en Galicia
 O tempo
 Sortean unha cesta de Nadal valorada en 2.400 euros en Maceda
 O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a oitava edición dos Premios Martín Códax da Música
 'O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra' é o título da exposición que mañá abre as súas portas na Cidade da Cultura
 Nova presentación da web G24.gal, máis cómoda de usar en calquera dispositivo
 Despedida