Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
12/10/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Galicia sairá a vindeira semana do estado de emerxencia sanitaria
O conselleiro de Sanidade reiterou o compromiso da Xunta coa ampliación e mellora dos sete hospitais comarcais de Galicia
A Interterritorial de Saúde estudará se se administra a terceira dose a partir dos 65
A partir do venres vaise permitir que entren nos aeroportos os acompañantes dos viaxeiros
A situación sanitaria e a recuperación económica centrarán o discurso de Feijóo no debate de política xeral
BNG e PSdeG din que irán coa man tendida ao debate sobre o estado de autonomía
Ademais do presidente da Xunta, outros tres mandatarios autonómicos non estarán mañá nos actos da Festa Nacional
Esquerra Republicana presentou unha iniciativa no Congreso para suprimir desfiles militares como o de mañá
O Goberno confía en atopar en PNV e Esquerra Republicana os votos que lle faltan para sacar adiante os presupostos
O Partido Popular pídelle ao presidente do Goberno que aclare a súa proposta de sacar de Madrid as sedes dalgunhas institucións do estado
O Goberno aprobou hoxe o proxecto para facer a primeira lei contra o desperdicio de alimentos en España
Esta noite chega un voo a Madrid con 80 afgáns que axudaron ás forzas españolas nos últimos 20 anos, e mañá está previsto outro con 150 máis
O Goberno galego dá un paso adiante para manter os postos de traballo en Ence
A multinacional portuguesa Altri estuda instalar unha fábrica na Mariña
A caravana dos traballadores de Vestas reuniuse en Bruxelas con eurodeputados galegos
O Goberno belga estuda introducir a xornada semanal de catro días de traballo
O Goberno galego incrementa o fondo de axudas ao alugueiro ata os 3,3 millóns de euros
A partir do 1 de novembro, todos os que teñan máis de 18 anos poderán conseguir o bono cultural da Xunta de Galicia
A Comisión Europea abriu este luns a solicitude do programa DiscoverEU de viaxes gratuítas por Europa para mozos de entre 18 e 20 anos
Un ancián faleceu esta tarde no concello de Curtis ao caer dun muro de máis de dous metros de altura
Noite negra para o tráfico en Galicia, con dous accidentes mortais
Campaña da DXT centrada na vixilancia dos vehículos de transporte
Os multamóbiles comezarán a sancionar en Santiago antes de que acabe este mes
Fiscalía e acusacións piden que o último detido polo crime de Samuel Luiz sexa acusado de asasinato
Estudan deixar en liberdade para desintoxicarse o pai dos bebés xemelgos maltratados de Ourense
Sen detencións polo crime da muller de orixe paraguaia no Barco de Valdeorras, cando fai un mes
A policía incáutase en mar aberto de 4 toneladas de cocaína que tiñan como destino Galicia
Un barco de Marín axudou en Mauritania no rescate dun buque portugués que afundiu mentres pescaba, de madrugada
O buque Cantabria da Armada Española regresou hoxe á súa base de Ferrol despois de dous meses nunha misión da OTAN no Mediterráneo
Un veciño de Trives perdeuno todo no incendio da súa casa a madrugada pasada
Os servizos de urxencias rescataron un pastor de Mondoñedo que quedou encaixado entre dúas rochas de grandes dimensións
Veciños e hostaleiros da zona vella de Pontevedra quéixanse dos ruídos que provocan os 'botellóns'
55 detidos por desordes e roubos no 'macrobotellón' de Madrid
Case 3.000 persoas están confinadas despois de que a lava arrasara o polígono industrial de Los Llanos, na illa da Palma
A ocupación hoteleira na ponte anda polo 90 % de media en Galicia
As citas empresariais e o turismo de congresos volven recuperar a súa actividade
Unha nova suba do combustible en Portugal atrae os condutores portugueses ás estacións de servizo galegas
Os barcos turisticos da Ribeira Sacra poden viaxar agora a un 90 % de ocupación
As ocupacións dos albergues do Camiño de Santiago están medrando nesta ponte festiva
O Camiño recibe case a metade dos peregrinos que chegaron en 2019
Campaña para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas
Turespaña inaugura en Roma un centro interactivo para promover o Camiño e o Xacobeo
O tempo
Os produtores galegos de aceite prevén obter 20.000 litros nesta campaña
'DígochoEu'
Despedida