Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
21/09/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A lava do volcán da Palma segue avanzando cara ao mar, e alcanza a vila de Todoque
Os veciños de Todoque recollen as súas pertenzas ante o avance da lava
Os expertos, preocupados pola posibilidade de que se abran máis bocas no volcán e pola fase explosiva
O Goberno xa empezou os trámites para declarar A Palma zona de emerxencia
Declaración institucional unánime no Parlamento en solidariedade coas persoas evacuadas na Palma
A UE pode axudar con máis de 400 millóns ás Canarias
Entra en erupción o Etna, na illa italiana de Sicilia
Galicia está a só sete puntos de situarse en risco baixo de covid
O comité clínico analiza a evolución da pandemia, mentres os maiores comezan a recibir as doses de reforzo da vacina
A conselleira de Política Social asegura que todas as áreas sanitarias están xa traballando para que a dose de reforzo chegue cando antes
Non hai data para empezar a vacinar os nenos menores de 12 anos
A xustiza avala o confinamento dos estudantes nun hotel de Mallorca
Os cidadáns portugueses que visiten Galicia non terán que anotarse no rexistro obrigatorio de viaxeiros
O Goberno mantén as previsións de crecemento para este ano e para o que vén no cadro macroeconómico presentado hoxe
O Banco de España cre que a economía española non recuperará os niveis de antes da pandemia ata mediados do ano que vén
O Goberno inicia os contactos para tratar de sacar adiante o proxecto de presupostos para 2022
O Goberno propón estender os ERTE por causa da covid ata o 31 de xaneiro de 2022
O Goberno estudará ampliar a redución do IVE da luz máis alá de decembro
O Congreso rexeita a proposta do PP para que os xuíces escollan os membros do Consello Xeral do Poder Xudicial
O presidente do Tribunal Supremo di que as sociedades só poden desenvolverse cunha xustiza independente
O Tribunal Supremo xulga o deputado de Podemos Alberto Rodríguez por unha presunta agresión a un policía
O exmarido de Juana Rivas estuda denunciar a Errejón e Irene Montero por inxurias
O xuíz cita como investigada a exministra Arancha González Laya polo caso Gali
Joe Biden defende o multilateralismo no inicio da 76 Asemblea Xeral de Nacións Unidas
Os traballadores da planta de Vestas en Viveiro recibiron con preocupación a noticia do peche da factoría
A repartición dos fondos europeos para a automoción preocupa a Stellantis, a antiga Citroën en Vigo
Feijóo di que a transición enerxética emprendida polo Goberno é precipitada
Preto dun cento de persoas vinculadas ao ámbito empresarial debaten en Allariz sobre estratexias para captar os fondos da Unión Europea
Conde destaca o papel do tecido empresarial galego para identificar os retos e oportunidades da economía poscovid
A caza do lobo queda prohibida en toda España a partir de mañá
Planas apela á colaboración entre administracións para compaxinar a protección da natureza cos intereses dos gandeiros
Mónica Marcos puido ser atacada por sorpresa pola súa parella, sen posibilidade de defensa
A famlia da moza atacada por un amigo no Carballiño di que ten un nivel leve de consciencia
Detido no Carballiño o presunto responsable de lles causar lesións cun puño americano a dous menores de Ourense, o pasado 22 de agosto
A gota fría deixa nas últimas horas grandes inundacións, sobre todo nas Baleares
A xuíza decreta prisión provisional sen fianza para a doutora Noelia de Mingo
Acompañamos o escuadrón de cabalería da Garda Civil que apoia os peregrinos no Camiño Portugués
Prohibido bañarse no encoro de Portodemouros pola presenza dunha toxina producida polas algas
Xa circulan por Santiago os multamóbiles, coches con cámaras que poden multar en todos os ángulos
Vilagarcía educa os máis pequenos na mobilidade sostible
O tempo
O mellor graffiti do mundo está en Lugo
'DígochoEu'
Última hora: conectamos coa Palma para coñecer a evolución do volcán
Despedida