CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

20/09/2021 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares
07:18 A lava do volcán da Palma arrasa un cento de vivendas e obriga a evacuar 5.500 veciños
13:23 Na visita de Pedro Sánchez á Palma comprometeuse a reconstruír todo o danado pola erupción volcánica
15:17 A ministra de Industria e Turismo dixo que a erupción do volcán é un "espectáculo marabilloso", que pode servir de reclamo turístico
16:16 Galicia comeza a poñer mañá a dose de reforzo nas residencias
18:38 Pfizer podería solicitar a finais de ano a autorización para administrar a súa vacina da covid aos nenos de entre 5 e 11 anos
19:09 A Asociación Española de Pediatría recomenda poñerlles a vacina da gripe aos nenos de entre seis meses e cinco anos
19:36 Aumentan as solicitudes de vacinación en Italia por ser obrigatoria para traballar
20:42 Os EUA levantan as restricións para os europeos vacinados
21:26 O comisario europeo de Pesca defende o rexistro dixital, que a frota tradicional galega rexeita
23:31 A Comisión Europea urxe a renovación do CXPX e doutros órganos constitucionais bloqueados pola liorta entre partidos políticos
26:07 O PP vai levar mañá ao Congreso unha proposición de lei para renovar o CXPX
26:34 A Fiscalía do Tribunal Supremo notificoulle ao rei Xoán Carlos que o ían investigar antes de que presentase as dúas regularizacións fiscais
27:03 A fiscalía abre unha investigación sobre a manifestación neonazi que o sábado percorreu as rúas do barrio de Chueca
27:33 A fábrica de Stellantis de Vigo supenderá a quenda de fin de semana o próximo 4 de outubro
28:03 A multinacional eólica Vestas anuncia o peche da fábrica que ten en Viveiro e que vai cesar a produción a finais de ano
28:25 Os hostaleiros din que faltan profesionais formados para traballar no sector
30:24 Os feirantes piden poder instalar as atraccións nas festas do San Froilán
33:18 O BNG rexeita o proxecto de xestión da auga que prepara a Xunta
33:50 PP e PSdeG defenden a xestión dos concellos en que gobernan
34:45 Manuel Baltar aspira á reelección como presidente provincial do PP de Ourense
35:17 O prezo do butano sobe ata cifras que non se acadaban dende 2015
35:44 A suba dos prezos chega á cesta da compra
37:45 Conmoción en Rusia despois de que un estudante de 18 anos matara a tiros polo menos dez persoas na universidade
38:08 Unha embarazada perde o fillo que esperaba nun tiroteo en Sabadell, que podería tratarse dunha agresión machista
38:38 Ingresa nun centro psiquiatrico por acoitelar dúas mulleres a médica que en 2003 matou tres persoas e feriu de gravedade outras cinco
40:35 Comezou en Pontevedra o xuízo polo caso Titán, o remolcador incautado hai tres anos con máis de tonelada e media de cocaína a bordo
42:03 Os veciños dunha urbanización de Oleiros denuncian que lles entran nas casas augas fecais pola ducha e os vertedoiros coas indundacións
43:44 A Garda Civil detivo un veciño do Baixo Miño por unha fraude no alugueiro de pisos turísticos en Baiona
45:17 Case mil cincocentos mariscadores da ría de Muros e Noia esperan que baixen os niveis de toxina para comezar a campaña da ameixa e do berberecho
48:46 En Galicia haberá 355 novas prazas de atención diúrna nas 71 novas casas do maior que se van crear
49:14 As praias da Mariña reciben moitos bañistas convencidos das propiedades mediciñais dos baños serodios
51:30 A cidade de Ourense pon a vista nun dos espazos máis emblemáticos para os veciños: o xardín do Posío
53:29 O tempo
54:41 Presentan en Pontevedra as últimas tendencias en peiteados e maquillaxe
56:46 Unha das farmacias máis emblemáticas da cidade da Coruña viaxa no tempo para celebrar que fai 150 anos
58:41 Presentan en Santiago o libro póstumo do que fora conselleiro da Xunta de Galicia Dositeo Rodríguez
59:42 Última hora: conectamos en directo coa Palma
01:01:03 'DígochoEu'
01:02:21 Despedida

Atopar capítulo por: