CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

26/04/2021 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
07:40 España recibe case dous millóns de vacinas, unha cifra de récord
08:30 Galicia vai recibir esta semana case 140.000 doses, coas que se espera darlle un pulo á vacinación
10:46 Os datos diarios da covid seguen estables, aínda que cunha lixeira repunta da presión hospitalaria
11:17 Feijóo cre que Galicia está a piques de superar a cuarta vaga, pero avoga pola prudencia na desescalada
12:01 A incidencia da covid sobe 25 puntos nun mes en Galicia, pero mantense por debaixo dos 100 casos por 100.000
14:32 Hai máis dun mes que non se rexistra ningún falecemento por covid nas residencias galegas
16:21 A Xunta prepara a primeira estratexia de España de axuda aos maiores que viven sós contra o seu gusto
17:39 O BNG quere cambiar o modelo das residencias de maiores
18:14 A conselleira de Política Social di que este semestre terán un diagnóstico do novo modelo de residencias
18:52 A incidencia acumulada en España mantense estable nos 235 casos por cada 100.000 habitantes
19:20 Os expertos piden prudencia porque unha cuarta parte dos ingresos nas UCI son por covid
20:51 Portugal non rexistra ningún falecido por covid en 24 horas, por primera vez dende agosto
21:21 A India bate marcas mundiais de contaxios de covid
22:03 Bruxelas denuncia a AstraZeneca polos incumprimentos continuos nas entregas da súa vacina contra a covid
23:04 O Goberno envía esta semana a Bruxelas o Plan de recuperación
24:15 A policía identifica o presunto autor das ameazas á ministra de Industria
25:23 O PP di que non vai tolerar que se refiran a eles como organización criminal, como fixo Marlaska nun mitin
27:08 Semana clave para o futuro de Alcoa en San Cibrao: o venres remata o prazo para pechar a venda da factoría
28:23 Stellantis anuncia que mantén a parada de produción durante o martes pola crise dos compoñentes
28:47 A Xunta quere que as pequenas empresas e os autónomos non queden fóra das axudas directas do Goberno central
29:43 O PP mantén a oferta de pactar un goberno de coalición en Ourense, se Villarino deixa o concello e a Deputación
30:37 As medidas de seguridade fronte á covid marcarán esta edición do festival Marisquiño
33:01 24 establecementos do xeodestino Terras do Condado-A Paradanta reciben o selo do Sistema Integral de Calidade Turística Española
33:33 A Xunta e a Deputación de Ourense asinaron un convenio para ampliar as axudas do bono turístico en 150.000 euros
34:01 Dispáranse os alugueiros de vivendas vacacionais nas Rías Baixas, non só para o verán
35:31 A liña de tren que conecta Vigo co Porto cantará con trens máis modernos dentro dunhas semanas
36:27 El liberdade con cargos o acusado de agredir sexualmente unha rapaza de 14 anos en Vilagarcía
39:02 A Audiencia Provincial de Lugo apoia a apertura de xuízo oral á muller acusada de matar a filla en Muimenta
39:35 Malestar entre os veciños da zona vella de Vigo polo consumo de alcol na rúa
41:11 Unha festa ilegal nun piso turístico en Santiago deixa máis de tres mil euros en estragos
43:01 A familia Franco pide poder retirar o mobiliario do interior do pazo de Meirás
43:26 O Supremo rebaixa a condena a Juana Rivas a dous anos e medio de cadea por escapar un mes cos fillos e non entregarllos ao pai
44:05 Tensión pola rodaxe dun atraco de ficción en Valencia que a Garda Civil creu que era real
45:36 Celébrase en Santiago a primeira feira presencial de estudos de posgrao da pandemia
47:41 A distribuidora galega Gadisa achégase aos 8.000 traballadores
48:10 A agricultura ecolóxica mellora as vendas a pesar da pandemia
50:19 O 70 % dos galegos cre que ten boa saúde, segundo a enquisa do INE
51:12 Pecha o restaurante Loliña do Carril, despois de 80 anos aberto
52:46 Semana de descontos para animar as vendas polo Día da Nai
54:46 O tempo
56:15 Esta noite pódese ver a superlúa rosa, a lúa chea de abril
56:54 Pamplona queda sen San Fermíns por segundo ano consecutivo
57:29 Morre en Santiago o médico Jerónimo Forteza, un referente da anatomía patolóxica en España
57:57 'Nomadland', a grande gañadora da 93 edición dos Óscar de Hollywood
01:00:08 'DígochoEu'
01:01:01 Despedida

 

 

 

Atopar capítulo por: