CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

23/04/2021 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Serán
07:42 Os contaxios seguen aumentando cada día en Galicia e os casos activos volven a niveis de mediados de marzo
08:10 Vilanova de Arousa entra no nivel de máximas restricións o luns
10:23 Feijóo fai un chamamento á prudencia para frear o aumento de contaxios na área sanitaria de Vigo
11:38 Cribados nos centros de ensino para detectar se hai transmisión entre os alumnos
13:30 Retómase a vacinación masiva en Galicia, despois dun día de parada por falta de doses
16:28 A conselleira do Mar pon a primeira dose e fai unha chamada á confianza na vacina
16:46 A EMA recomenda subministrarlles a segunda dose de AstraZeneca ás persoas que xa recibiron a primeira
17:58 Morre en Navarra un cabo do Exército de 35 anos vacinado con Astrazeneca.
18:25 A conselleira do Mar insiste en que os mariñeiros deben ter prioridade para vacinarse
18:56 O líder do PSdeG dubida da validez do certificado de vacinación do Sergas
19:28 Seguen subindo os novos contaxios e a incidencia acumulada en España
19:52 Os candidatos da esquerda á presidencia da comunidade de Madrid abandonan un debate electoral pola actitude de Vox
20:30 O vicepresidente primeiro da Xunta pídelle ao Goberno que busque unha localización alternativa para Ence
21:06 Benteler inviste 9 millóns nas súas plantas de Galicia
21:56 Stellantis volve reducir a súa actividade polos problemas de subministración
22:23 Os traballadores da refinería de Repsol da Coruña volven protestar contra o ERTE que propón a empresa
22:50 O PPdeG dí que o grupo municipal de Ourense ten autonomía para formar un goberno de coalición co PSdeG
23:29 O Congreso responsabiliza a exministra de Fomento Magdalena Álvarez polo accidente de aviación de Spanair do ano 2008
24:01 Deteñen en Madrid un profesor de orixe inglesa que abusou de polo menos 36 dos seus alumnos
25:43 O xurado popular declara culpable de asasinato un home que acoitelou a outro durante unha pelexa en Betanzos
26:14 Susto en Cee pola presenza na rúa dun home armado que pedía socorro a berros
30:10 Declaran 4 novas testesmuñas ante a xuíza que investiga o caso Déborah Fernández
31:44 Clientes dun bar de Ames agriden os traballadores que lles piden que marchen para pechar
33:10 Recupera un piso que lle ocuparan na zona histórica de Vigo, e que deixaron totalmente desfeito
34:41 Unha coruñesa vai cobrar a pensión de viuvez despois de trinta anos de relación cun home co que nunca casou
36:01 A posibilidade de que se encareza o imposto de sucesións aumenta as herdanzas en vida en Galicia
37:35 Os restaurantes que mercaron un medidor de CO2 pero aínda non o recibiron poden seguir dando ceas
38:00 Volven os mercados ao aire libre en Galicia
39:25 As atraccións de feira xa poden volver á actividade
41:58 En pouco máis dunha semana poderán empregarse os bonos Activa da Xunta, para fomentar as compras de proximidade
43:40 A pandemia transformou o traballo das empresas de limpeza
45:30 Os clientes que recibiron bonos polas súas viaxes canceladas teñen dereito a reclamar os cartos
47:52 En outubro volven as viaxes do Imserso
48:20 Deputados do PPdeG visitan a catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria
48:52 O tempo
50:23 Pedro Sánchez di que España está liderando o proceso de transición enerxética contra o cambio climático
51:12 O anuncio en abril do programa de Nadal en Vigo provoca opinións encontradas
52:54 Conectamos co plató de Luar
54:01 A Fundación Amancio Ortega estrea o novo centro de atención integral da Asociación Amencer-ASPACE
54:41 Morreu o doutor e antropólogo galego José Carro Otero
55:05 Morreu o astrónomo e historiador ferrolán residente en Sevilla José Luis Comellas
55:33 O reis presiden os actos do Día Internacional do Libro
55:59 Abre a Feira do Libro de Ferrol, a primeira da temporada en Galicia
58:09 A biblioteca de Ourense dálles visibilidade aos libros que ninguén pediu nunca
01:00:07 A voceira do BNG pide que se duplique o presuposto público para o sector do libro
01:00:36 DigochoEu
01:01:28 Despedida

 

 

 

 

 

 

Atopar capítulo por: