Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
25/02/2021 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A vacina contra a covid que se fabrica no Porriño podería recibir en abril a autorización da UE
O pasaporte europeo de vacinación chegará, como moi cedo, no verán
O pasaporte de inmunidade provoca dúbidas entre a comunidade científica
A vacinación contra a covid-19 en Israel demostra unha eficacia do 72 % só cunha dose de Pfizer
O escándalo pola vacinación VIP de decenas de personalidades continúa na Arxentina
Baixan a presión asistencial e os casos activos en Galicia, pero soben os contaxios por segundo día
500 persoas citadas para o cribado na Peroxa
Un gromo con 11 casos de covid obriga a pechar o albergue municipal de Vigo
O persoal sanitario de Galicia contará con apoio psicolóxico para tratar o impacto emocional do traballo na pandemia
O CHUAC proba con resultados esperanzadores un antiviral específico para tratar a covid
Seguen á baixa as cifras da pandemia en España, pero a caída da incidencia vai máis amodo
O Ministerio de Sanidade pide prudencia na desescalada
Sánchez e Iglesias reuniranse a semana que vén para tratar de achegar posturas sobre os asuntos máis controvertidos
PSOE e PP ultiman o pacto para renovar o Poder Xudicial e desbloquean o consello de RTVE
O Consello Xeral do Poder Xudicial adía os nomeamentos previstos, ante a inminencia do acordo
Montero di que a lei de liberdade sexual si incluirá o "só si é si", e Robles pide humildade para arranxar as deficiencias xurídicas
Calviño espera presentar en marzo o plan de axudas por 11.000 millóns de euros
O BBVA e El Corte Inglés ultiman axustes nos seus cadros de persoal
Endesa gaña case 1.400 millóns en 2020, oito veces máis ca en 2019
Os vehículos de UROVESA, presentes nos Emiratos Árabes
As oposicións do ensino en Galicia empezarán o 19 de xuño
A CEOE ofrece os espazos de saúde de moitas empresas para axudar coa vacinación
A Xunta suspende as novas plantacións de eucalipto e lanza un plan para promover especies autóctonas como o piñeiro
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden debater a protección do lobo na Sectorial de Medio Ambiente
As organizaciónns agrarias maniféstanse en contra da prohibición total da caza do lobo
Os concellos da serra do Xistral piden que a gandería no monte sexa unha actividade económica protexida
O Concello da Coruña recorrerá contra a sentenza que obriga a indemnizar a familia Franco polo mantemento de Meirás
Ana Pontón di que recoñecer o dereito a indemnizar a familia Franco supón unha labazada ás vítimas do franquismo
Visto para sentenza o xuízo contra Francisco Fernández Liñares polo caso Pokemon
Esperanza Aguirre anuncia unha querela contra Luis Bárcenas por falso testemuño
Cae en Cambre unha banda que roubaba casas con violencia
O Concello de Oleiros advirte dunha posible fraude no proxecto de construción dun tanatorio
Varios comerciantes da Coruña, vítimas dos ciberdelincuentes
Caen ata un 40 % as vendas de viños galegos durante a pandemia
Invéntase en Galicia a primeira hamburguesa de vacún, pero sen graxa animal
O tempo
Os expertos piden máxima prudencia ante a primeira fin de semana de alivio nas restricións
Só dez municipios galegos van seguir no nivel máximo de restricións
Os ximnasios e os restaurantes prepáranse para reabrir despois de semanas pechados
Os maiores das residencias que estean vacinados poderán saír esta fin de semana
Un vagón do mítico tren coñecido como Camello vai converterse en espazo de 'coworking' en Vedra
O Museo de Pontevedra volve expoñer dous lenzos do século XVI procedentes do espolio nazi
A Real Filharmonía de Galicia volve aos escenarios cunha homenaxe a Beethoven
Despedida