CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

12/02/2021 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Serán
07:58 Cae a cifra de casos activos en Galicia: hai un 30% menos que no pico rexistrado en xaneiro
08:29 A incidencia da covid situouse en Galicia por debaixo dos 500 casos por cada cen mil habitantes
10:40 Os hospitais galegos analizaron no último ano 1.800.000 mostras para detectar o coronavirus
12:50 Caen os contaxios nas residencias de maiores galegas, ao completarse a vacinación
13:26 Máis dun millón de persoas xa recibiron as dúas doses da vacina contra a Covid-19 en España
13:50 A Axencia Europea do Medicamento comeza a última fase da análise da vacina de Curevac
15:02 A UE asina a regulación dos fondos de recuperación, que teñen que ratificar os parlamentos dos países membros
15:32 A europea máis lonxeva que superou a covid ten 117 anos
16:00 A incidencia cae por debaixo dos 500 casos en España, que suma 530 mortes
16:31 Estremadura e Castela-A Mancha son as comunidades que máis relaxan as restricións
18:09 O Mobile World Congress volverá celebrarse en Barcelona do 21 de xuño ao 1 de xullo deste ano
18:35 Treito final da campaña electoral en Cataluña
21:23 O Goberno catalán insiste en que non haberá problemas para que funcionen todas as mesas electorais o vindeiro domingo
21:46 Podemos e o PSOE seguen afondando na discusión sobre a calidade da democracia española
23:05 A Audiencia Nacional concédelle a liberdade condicional a Rodrigo Rato
23:29 A Xustiza confirma que o pazo de Meirás é do Estado, pero ordena pagarlles aos Franco os gastos de conservación
24:02 Segue a polémica pola vacinación da alcaldesa de Boimorto
25:02 A alcaldesa de Boimorto convoca un pleno para dar explicacións da súa vacinación
25:33 O Partido Popular de Galicia lamenta a actitude do Goberno respecto da autoestrada AP-9
26:14 Comeza a construcción da primeira fábrica con sede na Plisán
27:57 Os guías turísticos van recibir outros 70.000 euros da Xunta para formarse e especializarse
28:58 Braga, en Portugal, é o mellor destino turístico para este 2021
29:59 Un home de 57 anos matou a sua muller en Sestao e despois suicidouse tirándose a ría
30:33 Morre unha persoa e outra queda ferida nun accidente de tráfico en Aranga
31:00 Morre un traballador en Mondariz ao caerlle unha árbore enriba mentres facía unha corta
31:25 O pai da nena asasinada en Muimenta critica a instrucción do caso e pide prisión permanente revisable para a nai
31:56 Tres mozos de Láncara están no punto de mira da Garda Civil por unha festa nun almacén
33:24 Dous detidos e 192 multas nun só día nos controis das forzas de seguridade
33:52 Os controis intensifícanse de cara á fin de semana
35:56 Os talleres de moda nupcial piden que os seus clientes doutros concellos poidan moverse para probar os traxes
37:16 Os vendedores ambulantes de feiras e mercados ao aire libre de toda Galicia maniféstanse en Santiago
38:34 Deteñen unha muller que esixía que a atendesen axiña no banco porque non levaba máscara
40:06 A Policía alerta dun calote con material de protección anticovid
41:41 Dispárase a demanda de suplementos de vitamina D
43:16 Primeiros indicios de recuperación do polbo tras meses de escaseza alarmante
45:15 O peche da hostalería deixa o marisco a prezo de saldo
46:49 Os cambios no consumo fan que aumente o gasto nos supermercados
49:11 O IPC de xaneiro aumenta medio punto, sobre todo pola suba da electricidade
49:35 8 ríos da provincia de Ourense rebordaron coas últimas chuvias
51:35 Evacúan unha familia de Sada ao derrubarse unha casa en ruínas lindeira á súa
52:07 O tempo
53:40 Rúas desertas nas vilas do triángulo máxico do Entroido
54:42 Un xubilado de Verín garda dende hai 43 anos todos os adhesivos e carteis do Entroido da súa vila
56:34 Conectamos co plató do Luar
57:30 DígochoEu
58:22 Propostas para celebrar o San Valentín na casa
01:00:23 Despedida

 

 

 

Atopar capítulo por: