Telexornal Serán
Telexornal Serán
06/02/2023 20:25 h
Índice de contidos
Titulares
Máis de 2.500 mortos e 12.000 feridos polos sismos en Turquía e Siria
A UE mobiliza equipos de rescate polos tremores
O PSOE rexistrou en solitario a reforma da lei do "só si é si" ao fracasar as negociacións con Unidas Podemos
O Partido Popular de Galicia volveu manifestar nas rúas o seu rexeitamente á lei do "só si é si"
Podemos insiste en reclamarlle ao PSOE que se conxelen as hipotecas de tipo variable
España presidirá o Consello da Unión Europea no segundo semestre deste ano
Hoxe coñecemos varias enquisas preelectorais
O Adif cesou hoxe o xefe de Inspección Tecnolóxica de Vía pola xestión dos trens de proximidades destinados principalmente a Asturias e Cantabria
A Xunta reclama sete trens Avril para levar a alta velocidade ás cidades galegas
Unha avaría obrigou a cortar o tráfico ferroviario na liña que une Santiago e Ourense
O Supremo decide mañá sobre a permanencia de Ence na ría de Pontevedra
Alfonso Rueda asegura que lle preocupa que o Goberno central non teña plan B se a sentenza é negativa para Ence
Hai 24 horas que entrou en vigor o último veto ao petróleo ruso
A falta de man de obra pon en risco o futuro nas actividades económicas do sector primario
Os autónomos e as pemes galegas poden solicitar desde hoxe unha nova liña de axudas
Ana Pontón cre que Santiago precisa dun cambio na alcaldía
Alfonso Rueda acompañou o candidato do PP á alcaldía de Pontevedra nun encontro con empresarios
Alfonso Rueda visitou a residencia e centro de día para persoas con discapacidade que a asociación Aspanaex está a construír no barrio vigués de Coia
O Parlamento galego debaterá mañá unha proposta do Grupo Popular para pedir que a idade de xubilación dos médicos poida chegar ata os 72 anos
A infanta Sofía seguirá os pasos da princesa de Asturias e cursará bacharelato internacional en Gales
Beatriz Lijó, de 47 anos, é a primeira vítima mortal da violencia machista deste ano en Galicia
O presidente da Xunta condena este novo asasinato machista
Na Coruña entregouse hoxe na comisaría de Policía o presunto autor da agresión a un mozo esta fin de semana
A Garda Civil detivo un home como presunto autor do acoitelamento en Vilalba
Aumentan as leas nas noites e madrugadas
Celébrase o xuízo polo crime do Cash Record de Lugo case 30 anos despois
Un traballador quedou ferido esta tarde en Nigrán tras quedar atrapado por un camión
Unha muller faleceu no incendio da súa vivenda en Cádiz
Bruxelas selecciona o proxecto dunha empresa de biotecnoloxía galega para tratar enfermidades raras
A Xunta convocou seis prazas para o novo centro de fabricación de inmunoterapias celulares avanzadas
Santiago acolleu hoxe un cumio de expertos en enfermidades raras
Ao longo desta semana estará en todas as farmacias galegas o Todacitan, o fármaco que xa financia a Seguridade Social para deixar de fumar
Oito centros de ensino galegos que destacan pola innovación educativa recibiron hoxe os premios INNOVAGAL da Xunta
4,50 euros por un vaso de auga da billa
Propostas de agasallos para San Valentín
A mínima rexistrouse en Verín, con -6 graos
O tempo
En Xinzo dan os últimos retoques ás vexigas do Entroido
'Dígocho eu'
Despedida