Telexornal Serán
Telexornal Serán
29/09/2022 20:30 h
Índice de contidos
Titulares
O rei inaugurou esta tarde na Toxa o foro en que durante tres días mandatarios, empresarios e expertos debaterán sobre os retos do mundo actual
Dende a Toxa o ministro de Exteriores ucraíno pídelle ao mundo que os sigan apoiando
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama que o foro use o topónimo A Toxa
Portugal quere ter operativo o AVE Lisboa-Vigo en 2030 e aprema o Goberno a que defina e concrete o proxecto da parte española
Rueda pídelle ao Goberno central que asuma compromisos co AVE Lisboa-Vigo
Novo revés para o transporte de mercadorías entre Galicia e a meseta
Feijóo reuniuse co sector pesqueiro en Vigo e pide a Bruxelas que rectifique
A nova Lei do xogo de Galicia busca adaptarse ás novas modalidades de apostas e reforzar o control de acceso de menores
Airbus, Telespazio e Babcock crearán 400 empregos no aeródromo de Rozas
Dende hoxe poden pedirse as axudas da Xunta para custear o carné de conducir
O comisario de Xustiza europeo insta a renovar de inmediato o Consello Xeral do Poder Xudicial e despois negociar a reforma do sistema de elección dos seus membros
JxCat consultará a próxima semana á militancia se segue ou non no Govern da Generalitat
O Goberno confirma o imposto ás grandes fortunas, e anuncia unha rebaixa fiscal para as rendas de ata 21.000 euros que calcula que vai beneficiar entre catro e cinco millóns de traballadores
Para o Partido Popular o programa fiscal do Goberno é escaso e decepcionante, e non mira polas clases medias e baixas
O presidente da Xunta celebra que o Goberno central rectifique e anuncie unha baixada de impostos
Rueda destaca que Galicia foi "líder" en investimentos e cun déficit do 0,15 %
Os prezos reláxanse en setembro con respecto a agosto
Os 50.000 empregados das trece fábricas de coches que hai en España vanse beneficiar dunha suba do soldo de ata o 10 %
Segundo día de folga dos traballadores da siderometalurxia en Ourense
Mañá os ministros europeos de Enerxía aprobarán impostos ás empresas de combustibles fósiles e tamén aos beneficios extraordinarios das eléctricas
Hoxe detectouse unha nova fuga no gasoduto que conecta Rusia con Alemaña a través do mar Báltico
Os socialistas galegos apoiaron a Lei de Áreas Empresariais, impulsada pola Xunta
Investigadores e profesionais das administracións locais xúntanse estes días nun congreso en Santiago
Denunciado por condución temeraria
A Garda Civil incautouse de 15 plantas de marihuana de 15 quilos de peso en Ourense
Esquecen nun bus escolar un neno de 4 anos e logra saír tras unha hora encerrado
Unha muller foi chantaxeada a cambio de non divulgar fotografías súas e vídeos sexuais que intercambiara con outras persoas a través das redes sociais
A nai de Edwin, un dos mariñeiros desaparecidos no Villa de Pitanxo, agarda que se faga xustiza
O presidente do Goberno segue dando positivo por covid
día 8 de outubro comezará a vacinación dos maiores de 85 coa cuarta dose
As infeccións respiratorias medraron un 30% este mes, coincidindo coas primeiras semanas da volta ás clases
Dende hoxe a Atención Primaria en Galicia conta con máis de 100 novos médicos con praza fixa nos centros sanitarios
Hoxe celébrase o Día Internacional da Concienciación sobre a perda de alimentos
A seca tamén afecta á colleita de castañas
O furacán Ian comeza a fortalecerse e recupera a súa intensidade
O tempo
Estruturas artificiais que imitan a natureza favorecen a biodiversidade dentro do programa Pleamar
25 países na 20ª edición da Feira Internacional do Termalismo en Ourense
O Goberno propón unha suba de ata un 9,5 % para os funcionarios
Obreiros galegos no Canal de Panamá
O CDG e Ainé estrean 'Recortes, caneos e outras formar de driblar'
En Ourense celébrase o festival pola paz
Na Coruña continúan os actos organizados polo concello da cidade para conmemorar o centenario do nacemento de María Casares
O foro da Toxa retómase mañá cunha conferencia sobre a seguridade enerxética de Europa
Despedida