Telexornal Serán
Telexornal Serán
28/09/2022 20:30 h
Índice de contidos
Ttiulares
O Goberno portugués aposta por Galicia para conectarse por AVE con España e lanza un proxecto de alta velocidade para unir Lisboa, O Porto e Vigo
BNG e mais PP preguntáronlle ao Goberno Central cando estará lista a conexión de Vigo con Portugal
Ethel Vázquez, instou hoxe o Goberno español a que convoque a comisión de seguimento para concretar a chegada dos trens Avril
Os transportistas volven queixarse da perigosidade do novo desvío da A-6 para evitar pasar por Pedrafita
Debate económico no Parlamento á conta da baixada do imposto de patrimonio e dos fondos que se destinaron á pandemia
O Goberno insta as comunidades a que paren a espiral de rebaixas de impostos e advírtelles que pode xerar tensión cos algúns socios europeos
Alfonso Rueda anima o Goberno central a sumarse á baixada de impostos
A política fiscal centrou a sesión de control ao Goberno no Congreso
Yolanda Díaz dixo que se España entra en recesión técnica, o Goberno estará cos cidadáns
O presidente do Goberno confía en aprobar en breve o proxecto de presupostos
Os funcionarios consideran insuficiente a suba salarial que propón o Goberno
Comisións Obreiras e UXT anunciaron hoxe o seu calendario de mobilizacións para os vindeiros meses
Primeira xornada de folga da siderometalurxia de Ourense para pedir un convenio digno
Bruxelas lanza unha nova rolda de sancións contra Rusia coa proposta de limitar o prezo do seu petróleo como medida estrela
O Goberno dos Estados Unidos chama os seus cidadáns residentes en Rusia a abandonar canto antes o país ante o risco de que sexan mobilizados para combater en Ucraína
O furacán Ian chegou aos Estados Unidos tras varrer Cuba
O Rei recibe a Carlos Lesmes na véspera do pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial
A Unión Europea vai mediar para desbloquear a renovación do máximo órgano dos xuíces
Crise no Goberno de coalición de Cataluña
O encarecemento das hipotecas bota por terra a sinatura de novos préstamos
A Xunta vai recorrer contra o veto de Bruxelas á pesca de arrastre se non o fai o Goberno central
Ata o próximo 17 de outubro pódense facer achegas á que será á lei de ordenación do litoral galego
Formoso considera unha obriga baixar ao Villa de Pitanxo, custe o que custe
O Sergas quere eliminar a hepatite C como problema de saúde pública antes de 2025, cinco anos antes do que marca a Organización Mundial da Saúde
O Partido Popular celebrou esta tarde a xuntanza da directiva provincial da Coruña
As carreiras ilegais nos arredores do encoro de Cecebre, en Cambre, son cada vez máis frecuentes
A policía investiga a explosión rexistrada nun local comercial de Vilagarcía
A tranquilidade dun barrio preto da praia de Arealonga en Pontevedra, acabou coa chegada duns ocupantes ilegais
Accidente múltiple en Vigo con tres vehículos implicados
Condenado a un ano e tres meses de prisión o profesor da Universidade de Santiago Luciano Méndez Naya, que fora apartado das clases por vexar dúas alumnas
As familias dos alumnos de varios centros escolares da comarca de Santiago denuncian problemas de seguridade e puntualidade no transporte
Condecoran os investigadores que levaron o caso do crime de Samuel Luiz
Neste Día da Policía puidemos acompañar unha das patrullas que vela pola seguridade cidadá desde o aire
O Goberno confirma que está traballando nunha modificación da lei para poder desaloxar os ocupantes ilegais de vivendas nun prazo de 48 horas
Santiago acolle estes días unha demostración de como vai ser a mobilidade aérea do futuro
Balearia e o estaleiro vigués de Armón levaron a cabo esta tarde a botadura do primeiro transbordador libre de emisións
Mañá xoves a Xunta abre o prazo para que os mozos galegos soliciten as axudas para a obtención do carné de conducir
Unha web pioneira para volver encher de vida as aldeas
A agricultura ecolóxica medra en volume cada ano e aumenta a súa cota de mercado
A seca adiantou a campaña do millo e reduciu a produción en máis dun 30 % nas comarcas do interior
O tempo
250 profesionais de 22 países participan no Congreso Internacional de Turismo Termal en Ourense
Maxia, danza e circo danse a man no espectáculo Inventio, que se presentou esta mañá en Ferrol
Xosé Carlos Caneiro presenta 'Paraíso', unha volta á escrita en galego do autor
O rei Filipe considera máis necesarios ca nunca uns medios de comunicación independentes e responsables
Despedida