Telexornal Serán
Telexornal Serán
17/06/2022 20:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A ministra de Transportes e o presidente da Xunta visitan o viaduto da A-6 que se derrubou á entrada de Pedrafita
O BNG acusa a ministra de irresponsabilidade
Alcaldes e veciños dos concellos próximos ao viaduto urxen alternativas ao tráfico
Os enxeñeiros cren que non tardaremos en saber as causas da derruba
Os transportistas ameazan con volver convocar mobilizacións
A patronal das estacións de servizo advirte de que a gasolina e o gasóleo poden superar os tres euros por litro
Case un 40 por cento dos xubilados ten serias dificultades para chegar a fin de mes, segundo un informe da Fundación Mutua de Propietarios
Faltan traballadores no sector da hostalería, ás portas da temporada de verán
Os produtores de carne denuncian que seguen vendendo a perdas
Operación de urxencia para recolocarlle o estómago a unha vaca
O PSdeG vai reunir un grupo de expertos para que analicen a situación da sanidade pública en Galicia
O cofundador da farmacéutica Moderna, Robert Langer, recibe a medalla de ouro da Universidade de Santiago
Acordo 'in extremis' e limitado para liberar as patentes das vacinas contra a covid
Pagan case 1.500 euros por delatar persoas sospeitosas de estar contaxiadas de covid na China
A Comisión Europea avala a candidatura de Ucraína e Moldova para entraren na Unión Europea
O Goberno británico ordena a extradición aos Estados Unidos do fundador de Wikileaks, Julian Assange
Hoxe remataron os ses estudos os máis de 200 mozos galegos residentes no estranxeiro que recibiron unha bolsa da Xunta para estudar un máster en Galicia
Antón Sánchez dimite como voceiro nacional de Anova
A vicepresidenta da Generalitat Valenciana descarta dimitir, despois de que a imputaran por suposto encubrimento no caso de abusos a unha menor
O Partido Popular insta o PSOE a que cese a Mónica Oltra
Os partidos apuran as últimas horas da campaña electoral andaluza
Pedro Sánchez avoga por unha transición ecolóxica xusta e inclusiva fronte ao cambio climático
Oito localidades desaloxadas polo incendio que afecta á reserva natural da serra da Culebra, en Zamora
Medio Rural dá por controlado un dos dous incendios forestais que afectan o concello ourensán de Larouco
Unha bomba de cemento explota nunha obra particular na Coruña
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para os detidos esta semana na operación contra a droga no Salnés
Deteñen un home en Oia por tentativa de atraco a unha sucursal bancaria
Continúa a investigación sobre o accidente do atuneiro Albacora Cuatro nas Seychelles
As primeiras catro plataformas que Iberdrola destinará ao seu proxecto eólico da Bretaña francesa saíron dos estaleiros de Navantia-Fene
O PPdeG vai presentar mocións nos concellos costeiros para reclamarlle ao Goberno central o traspaso da xestión do dominio público marítmo-terrestre
As mariscadoras da ría de Pontevedra empezan a notar a recuperación dos bancos de ameixa
A sardiña comeza a protagonizar as vendas nas lonxas a unha semana do San Xoán
Ares recupera a celebración do Corpus coas alfombras florais
Redondela celebra a súa particular versión do Corpus coa Festa da Coca
Allariz retomou con entusiasmo a Festa do Boi
Santiago énchese co festival do Son do Camiño, que celebra a súa segunda xornada
Volven as visitas guiadas á igrexa de Vilar de Donas, en Palas de Rei
O tempo