Telexornal Serán
Telexornal Serán
08/04/2022 20:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Decenas de persoas morreron no bombardeo ruso á estación de tren de Kramators, na rexión do Donbás
A presidenta da Comisión Europea e o xefe da diplomacia comunitaria estiveron hoxe en Ucraína
Sánchez visitou en Barcelona o centro de acollida de refuxiados ucraínos
O secretario xeral dos socialistas galegos cuestiona a postura do BNG sobre a guerra de Ucraína, e a portavoz nacionalista di que utilizan a guerra para atacalos
España e Marrocos reabrirán as súas fronteiras
A ministra para a Transición Ecolóxica desvincula a postura do Goberno sobre o Sáhara da suba de prezo do gas alxeriano
O Goberno confía en que a redución do IVE da luz repercutirá nunha baixada da inflación, pero o PP insiste na baixada do IRPF
A Xunta aproba un plan de avais para axudar as gasolineiras a adiantar as bonificacións de 20 céntimos por litro
A Xunta aumenta un 47 % o fondo para a compra ou préstamo de libros de texto
A Xunta recorre ante o Constitucional a lei que penaliza as herdanzas en vida
Feijóo asegura que a estabilidade do Goberno galego está garantida ata final da lexislatura
Le Pen recorta a diferenza nas enquisas con Macron na recta final da campaña das presidenciais en Francia
A Audiencia Nacional condena o Partido Popular a título lucrativo nunha peza separada da Gürtel en Boadilla
Luis Medina e Alberto Luceño declararán o próximo día 25 como investigados por suposta estafa ao Concello de Madrid na venda de material sanitario ao inicio da pandemia
Un xulgado de Madrid investiga tres altos cargos do Goberno central por 56 contratos de material sanitario, adxudicados durante a primeira vaga da pandemia
O Tribunal Supremo abre unha porta para que a familia Franco teña que devolver as dúas estatuas do Mestre Mateo
A xustiza anula a decisión da Deputación de Lugo de entrar no accionariado da empresa pública Tragsa
Declaran nos xulgados de Cambados 12 dos 21 detidos nunha operación contra unha rede que fabricaba planadoras para o narcotráfico
Samuel Kwesi asegura que recibiu presións para ocultar presuntas imprudencias que terían provocado o naufraxio do Villa de Pitanxo
Preocupación no concello ourensán de Piñor pola desaparición en Barcelona dunha veciña que adoitaba regresar cada pouco a Galicia
Veciños do Sagrado Corazón de Lugo denuncian serios problemas de convivencia
Prisión sen fianza para o home acusado de matar a coiteladas unha nena de 14 anos en Oviedo
Morren os dous ocupantes dun ultralixerio que ardeu tras esnafrarse nunha zona montañosa en Teruel
A Garda Civil detivo dous homes de 39 anos en Madrid por condución temeraria
A Axencia de Doazón chama a cidadanía a doar sangue antes de iniciar as vacacións de Semana Santa
Xa está en marcha a operación especial de tráfico de Semana Santa
A operación saída de Semana Santa máis cara da historia polo prezo dos carburantes
Portugal prepara un paquete de medidas para aliviar a histórica subida do prezo da enerxía e dos alimentos
Trens cheos na primeira Semana Santa que Galicia está conectada con Madrid pola alta velocidade ferroviaria
Os hostaleiros galegos esperan un 80 % de ocupación para a Semana Santa
Ferrol conta as horas para unha Semana Santa que din que vai facer historia
Sae a primeira procesión da Semana santa, a das Dores
A hostalería galega comeza a Semana Santa sen ningunha restrición pola covid
Unha publicación repasa 40 anos da moda en Galicia
Lalín homenaxea a Laxeiro cunha exposición sobre a súa etapa arxentina
A pegada da artista galega Vanesa Álvarez en Nova York
O temporal de vento, chuvia e ondas que afectou Galicia nas últimas horas remite por completo esta noite
O tempo
Unha exposición con máis de 300 pezas amosa a historia da chegada da luz á comarca do Carballiño
Recuperan a enerxía eléctrica nunha aldea de Alacante que levaba varios días sen luz polo temporal
O CSIC recupera vinte variedades de oliveira únicas no mundo
A Feira do Viño de Amandi en Sober recupera esta fin de semana o programa habitual de antes da pandemia
Conectamos co estudio de 'Luar'
'DígochoEu'
Despedida