CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Telexornal Serán

07/04/2022 20:25 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
08:44 Pedro Sanchez e Núñez Feijóo discrepan en economía pero retoman as negociacións para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial
11:55 Feijóo non dá pistas sobre a súa sucesión á fronte da Xunta
12:46 Sánchez viaxa a Marrocos convidado polo rei Mohamed VI, no reinicio das relacións diplomáticas entre os dous países
14:12 O PSOE queda só no Congreso no seu xiro sobre o Sáhara Occidental
14:44 Nacións Unidas expulsa a Rusia do seu Consello de Dereitos Humanos
15:40 Ucraína pídelle á OTAN máis armas ante a inminencia da ofensiva rusa sobre o leste do país
18:04 O Parlamento Europeo pide un embargo "total e inmediato" á enerxía rusa
18:29 Portugal baixará nos vindeiros días o IVE sobre os carburantes
19:34 O prezo da luz marcará mañá a cifra máis reducida desde o inicio da guerra en Ucraína
20:19 A Xunta emite un ditame favorable para a transformación do espazo onde está o polémico edifico do Garañón de Lugo
20:42 A xustiza prorroga o uso do certificado covid en hospitais e residencias ata o 23 de abril
21:06 Galicia recibe a Cruz da Orde Civil de Sanidade pola súa campaña de vacinación
22:01 O xuíz admite a trámite a querela contra dous empresarios de Madrid por supostos cobros de comisións millonarias na venda de material sanitario ao Concello no inicio da pandemia
23:06 As supostas irregularidades no cobro de axudas públicas por parte do irmán de Ximo Puig centraron a sesión de control no Parlamento da Comunidade Valenciana
23:48 Este venres pasarán a disposición xudicial 12 dos detidos nunha operación contra unha rede de fabricación de narcolanchas
26:03 En Portugal as autoridades localizaron ata 30 naves onde se fabricaban lanchas para os narcotraficantes
26:33 Os Mossos d´Esquadra deteñen en Barcelona un home acusado de matar a nai dunha puñada na cara
27:05 Deteñen na Coruña un sicario sobre o que pesaba unha orde internacional de busca
27:58 A policía investiga o intento de secuestro dunha alumna ás portas dun colexio da Coruña
29:37 O patrón do Villa de Pitanxo garda silencio despois de que o xuíz vexa indicios de que cometeu 21 delitos de homicidio por imprudencia
31:59 Os universitarios lugueses volveron organizar a Festa da Carballeira de Fingoi, un macrobotellón que deixou 5.000 quilos de lixo tirados polo chan
33:42 Cinco estudantes de institutos ourensáns quedaron entre os seis primeiros postos da 39 edición da Olimpíada Galega de Química
35:32 A Universidade da Coruña proba unha tecnoloxía de realidade virtual para favorecer a rehabilitación das persoas con diversidade funcional
37:12 'Pedalear e conversar' é o lema dunha iniciativa da Fundación Abanca para loitar contra as barreiras fisicas e a soidade dos maiores
39:04 Mañá abre ao público en Madrid o Zara máis grande do mundo
41:07 Presentan en Lalín unha nova edición da Feira do Cocido de Lalín
41:52 Os restaurantes de Lalín teñen as reservas case completas para a Feira do Cocido
43:26 Unha panadería de Pontevedra triunfa coa venda dunha variedade de pan pouco coñecida: o pan negro
45:46 Seguridade Alimentaria retira varios produtos da marca Kinder por unha posible contaminación
46:13 Unha vaca de Taboada dá 90 litros de leite ao día
48:21 Aviso amarelo por ondas e vento en toda a costa galega
49:16 O tempo
50:58 A Xunta amplía a prealerta por seca a toda a conca Galicia-Costa
51:27 As brigadas forestais preparan os montes para reducir os riscos de incendio no verán coa axuda da UME
53:05 A Xunta vai investir preto de 500.000 euros en obras de mellora da lagoa de Cospeito
54:46 Primeira xornada de esquí da temporada en Manzaneda
56:12 O porto de Vigo inaugurou a temporada de cruceiros cunha escala dobre
57:54 Unha fotografía de Amber Bracken sobre o asasinato de nenos indíxenas no Canadá gaña o World Press Photo deste ano
58:29 A Cidade da Cultura acolle unha exposición coas mellores obras de arte e de deseño do surrealismo
01:01:04 Despedida

Atopar capítulo por: