Telexornal Serán
Telexornal Serán
17/06/2019 20:45 h
Índice de contidos
Titulares
Sánchez irá á investidura mesmo sen apoios
As esixencias de Vox no Concello de Madrid poñen en perigo o pacto para a comunidade
Ciudadanos rompe con Valls polos seus apoios a Colau
A Xunta Electoral Central deixa vacantes os escanos de Puigdemont e Toni Comín como eurodeputados ao non acudiren ao Congreso para xuraren a Constitución
Dimite o secretario provincial do PSdeG de Lugo no medio das disputas pola presidencia da Deputación
Darío Campos comparece no xulgado
Comezan as negociacións entre DO e o PP para concretar a coalición en Ourense
A Policía Local pónlle unha multa de estacionamento a Jácome
Feijóo xustifica o apoio a Jácome en Ourense pola postura do PSdeG
O BNG suspendeu de militancia os seus concelleiros en Catoira
Ratifican a sanción ao concello de Vigo por non controlar a calidade da auga da billa
Os críticos de En Marea oficializan o seu senador
O Servizo Galego de Saúde conta con unidades móbiles para facer resonancias magnéticas
Os médicos de Atención Primaria de toda Galicia irán á folga este mércores
A Xunta de Galicia coñecerá mañá os detalles da oferta do fondo suízo para comprar Alcoa
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal reivindica o peso da cooperación transfronteiriza para protexer a unidade de Europa fronte ao populismo e o nacionalismo
O gobernador do Banco de España aposta por aumentar a idade efectiva de xubilación
180.000 sinaturas para pedir unha ABAU única en todas as comunidades
A consellería de Educación pide un pacto que garanta a igualdade de oportunidades
Os líderes de Resistencia Galega pasan este martes a disposición xudicial na Audiencia Nacional
Pontón pide respecto para a presunción de inocencia dos detidos e Tellado acúsaa de moverse na equidistancia
Envían a prisión o home ao que a Garda Civil detivo cando estaba prendendo lume no monte en Nocedo de Ribeira
Visto para sentenza o xuízo contra un home acusado dun atropelo intencionado en Outes
Falece un veciño de 75 anos das Nogais tras ser picado polas abellas
Circula en Carballo a 160 quilómetros por hora nun treito limitado a 50
Investigan o degolamento dunha adolescente de 13 anos en Mataró
As denuncias por violencia de xénero aumentan un 38% en Galicia
Detido en Vigo por, supostamente, agredir a súa parella
O Teatro Principal de Ourense acolle un simulacro de evacuación de emerxencia
Entra en vigor a nova lei hipotecaria, cun aumento da seguridade para o consumidor
Chegan os primeiros avisos de multa aos propietarios de terreos sen limpar
As temperaturas dos últimos días e a escaseza de chuvia preocupa os produtores da Limia
Tosquiadores galegos percorren explotacións para rapar ovellas
Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco alíanse para impulsar o camiño do norte
Unha vintena de restaurantes de Lugo pechan antes a cociña para facilitar a conciliación
Os clientes dun bar de Betanzos fichan as horas que pasan no local e teñen premio
Créditos por mil millons para mellorar as infraestruturas das rutas xacobeas
45.000 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil formarán parte do operativo do Ministerio do Interior para garantir a seguridade nos puntos máis turísticos
Conta atrás para o novo museo de Estrella Galicia na Coruña
Allariz está xa en plena Festa do Boi
Avance previsión do tempo
Un fortísimo temporal converteu as rúas e estradas dunha das illas dos Azores en verdadeiros ríos
Falece o ex-presidente exipcio Mohamed Mursi nunha sesión dun xuízo contra el
A raíña Isabel II investiu o rei Filipe como cabaleiro da Orde da Xarreteira
A Biblioteca Nacional e a Fundación Ramón Menéndez Pidal expoñen por primeira vez o orixinal do 'Cantar de mio Cid'