Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
26/07/2022 15:20 h
Índice de contidos
Titulares
O Tribunal Supremo confirma as penas para os exdirixentes socialistas Manuel Chaves e José Antonio Griñán polos ERE
o PSOE saíu na defensa dos exdirixentes andaluces. O PP dille a Sánchez que é hora de depurar responsabilidades
O presidente de Andalucía, o popular Juanma Moreno, lamenta que a comunidade volva ser noticia, unha vez máis, pola corrupción
O presidente Rueda tamén valorou a sentenza dos ERE. O líder do PPdeG lembrou que, ata hai nada, os socialistas poñían como exemplo os condenados por corrupción
A presidenta do Parlamento de Cataluña, Laura Borrás, irá a xuízo como acusada polos delitos de prevaricación e falsidade documental
O Consello de Ministros aprobou hoxe o teito de gasto para o 2023
O Consello de Ministros tamén deu hoxe o visto e prace ao novo sistema de cotización para os autónomos
O gasto en pensións do mes de xullo bate un novo récord
Os empresarios galegos cren que a inflación seguirá moi alta ata mediados do ano que vén
Feijóo asegura que están prepados para gobernar
A última enquisa publicada dálle a victoria ao Partido Popular con case 6 puntos de vantaxe sobre o PSOE
Rusia volve reducir a subministración de gas a Alemaña dende mañá
A Unión Europea chega a un acordo para reducir o consumo de gas
Os usuarios habituais do tren Avant que une Ourense con Santiago ou A Coruña quéixanse de que non se lles aplique a bonificación do cen por cento nos abonos anunciada polo Goberno
Rueda pedirálle a Sánchez que concrete unha data para a chegada da alta velocidade a todas as cidades galegas
As obras da nova terminal de autobuses de Coruña comezarán en setembro
Os veciños máis afectados polos incendios do Courel avalían os danos e tratan de recuperar a normalidade
En Ourense esta noite quedou extinguido o incendio declarado no Concello de Oímbra
A portavoz nacional do BNG reclama que os lugares máis afectados polos incendios sexan declarados zonas catastróficas
O Partido Popular pídelle ao Goberno axilidade para declarar os concellos afectados polos incendios como zona catastrófica
Liberada unha muller de Vigo que levaba seis días secuestrada nun céntrico piso do Porriño
Os familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo pedíronlle á ministra de Transportes baixar ao barco antes de que acabe o verán
Unha moza de 20 anos está ferida grave despois de ser atropelada á saída dunha discoteca en Bilbao
Os socialistas galegos piden que se incremente o orzamento da Atención Primaria para que se poidan contratar máis médicos
O conselleiro de Sanidade lembra que o problema é a falta de médicos e non de orzamento. Por iso volve pedirlle ao executivo central que aumente as prazas na Atención Primaria, sobre todo, de médicos de familia
Os expertos advirten de que a varíola do mono non só se contaxia polo contacto cunha persoa infectada, senón tamén polo aire
No Concello de Ourense, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, cesou os edís do Partido Popular que formaban parte do grupo de Goberno e retiroulles as competencias, que asumirán os catro edís de Democracia Ourensana
Xa hai prazos para que o polémico edificio do Garañón en Lugo desapareza da súa paisaxe urbana
Os propietarios de vivendas de uso turístico de Santiago pídenlle amparo á Valedora do Pobo
Sen auga da traída durante a noite e só unhas horas polo día en Ribadavia
O tempo
Hoxe, 26 de xullo, celébrase o Día dos Avós e queremos renderlles homenaxe
Esta noite volve á Televisión de Galicia 'Saudade de ti'
M-CLAN actúa mañá en Redondela