Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
17/08/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
A deputada socialista polas Baleares Francina Armengol é a nova presidenta do Congreso
Coa elección da que será a terceira autoridade do Estado comeza a lexislatura número quince da democracia
A constitución das Cortes marca o inicio das negociacións para a presidencia do Goberno
O popular Pedro Rollán foi elixido presidente do Senado
María Chivite tomou posesión como presidenta do Goberno foral de Navarra
A princesa Leonor ingresou este mediodía na Academia Xeral Militar do Exército de Terra, en Zaragoza, para comezar a súa formación militar
Ata un 55 % dos españois séntese máis pobre
A débeda pública volveu bater o seu récord histórico en xuño
Os combustibles encadean a sexta suba consecutiva
O 54 % calcula que terá que investir ata 300 euros en material escolar
Despedirse do caseiro por WhatsApp non proba a fin do alugueiro
Un terzo dos pazos catalogados en Galicia están á venda
Unha familia leva máis de 6 anos ocupando de xeito ilegal unha vivenda do barrio de Lavadores, en Vigo
Investigan a morte dunha muller de 79 anos en Ferrol, despois de que a agredira supostamente o seu irmán, afectado por un brote psicótico
Marchan sen pagar dunha pizzería de Lugo asegurando que o servizo non fora bo
O Concello da Coruña vixía cun dron que os cans non anden ceibos
O multamóbil da Policía Local de Pontevedra puxo máis de 4.000 sancións a condutores en apenas sete meses
Un veciño de Laxe rexistra unha patente para impedir que os vehículos circulen por dirección prohibida
Cada vez máis consumidores levan a friameira da casa para mercar produtos a granel
A primeira colleita de cebada cervexeira 100 % galega que se recolleu na lagoa da Antela, na Limia, foi de 152.000 quilos
Os incendios forestais seguen avanzando en Tenerife