Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía lingua de signos
25/01/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Alemaña enviará 14 tanques Leopard a Ucraína
Deteñen un xubilado polo envío de cartas bomba a varias embaixadas
Esquerra Republicana aprema o Goberno central para que os socialistas cataláns apoien os presupostos autonómicos
O Goberno e o Partido Popular chegan a un principio de acordo para reformar puntualmente a Constitución
259 condenados por delitos contra a liberdade sexual viron rebaixadas as penas pola lei do "só si é si"
O Goberno galego pediu aos grupos parlamentarios que apoien unha iniciativa para reformar a lei do "só si é si"
O Goberno considera normais os apupos aos que someteron a presidenta da Comunidade de Madrid na Universidade Complutense, que Díaz Ayuso atribúe aos radicais de esquerda
O Sergas vai ampliar os cribados de cancro de mama
As medidas fronte á crise centran o debate no Parlamento de Galicia
O Goberno central prevé que a economía medre lixeiramente por riba do dous por cento este ano
O Fondo Monetario Internacional sospeita que as gasolineiras españolas inflaron os prezos mentres estivo en vigor a bonificación dos carburantes
Algunhas das grandes cadeas de comida rápida están empezando a cobrarlles aos clientes o imposto aos plásticos non reutilizables
A banca portuguesa mellora a remuneración dos depósitos a prazo fixo
A banca española está entre as que ofrecen menos rendibilidade por ter os cartos nun depósito a prazo fixo
77 proxectos de novos parques eólicos teñen xa a declaración de impacto ambiental aprobada pola Xunta
Os proxectos eólicos en Cervo son claves para a reactivación da factoría de Alcoa na Mariña
O Goberno central aínda non concretou cando e como se vai conectar Galicia co resto de Europa a través do novo corredor de hidróxeno
Sucédense as reaccións despois de que o Goberno confirmara que Vigo contará coa subestación eléctrica que necesita a fábrica de Stellantis
O secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, foi recibido en Galicia cunha protesta dos traballadores do sindicato en Galicia, en folga para reclamar melloras salariais
O BBVA calcula que a economía galega avanzou un 4 % en 2022, co que xa recuperaría os niveis previos á pandemia
A conselleira do Mar defende no Parlamento Europeo que a pesca galega é respectuosa co medio ambiente
A Xunta quere traer de volta máis de 30.000 galegos que viven no exterior de aquí ao ano 2026
O primeiro caso de gripe aviaria en mamíferos de toda Europa detectouse nunha granxa de visóns de Carral
Recibe a alta o bebé atopado na madrugada de onte nunha bolsa de deportes nunha rúa de Barcelona
Nova pelexa multitudinaria no centro de Lugo
O episodio de frío intenso que estamos vivindo esta semana volveu deixar xeadas e temperaturas baixo cero en boa parte do interior de Galicia
Aínda non deron coa causa da enorme fochanca aberta o venres pasado na principal estrada da Mariña
O Parlamento de Galicia esíxelle ao Goberno central celeridade na chegada dos trens Avril a Galicia
O circuíto termal do balneario de Mondariz volve ser o favorito entre os usuarios do turismo de benestar
A cidade das TIC da Coruña contará cun estudio virtual único en España
Máis de 25 toneladas de refugallos retiráronse o ano pasado de praias e fondos mariños galegos a través do proxecto Plancton
O tempo
Despedida