CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía lingua de signos

29/12/2022 16:53 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
05:34 Este mes pode converterse no decembro máis negro da historia en asasinatos de mulleres vítimas da violencia machista
07:30 O ministro do Interior compareceu de urxencia despois de que se confirmaran os últimos crimes machistas
09:16 Margarita Robles lamentou o aumento dos asasinatos neste mes de decembro e fai autocrítica
09:43 O Tribunal Constitucional culmina a súa renovación
10:18 O PP pídelle ao Goberno que pague o cheque de 200 euros automaticamente vía IRPF e dar a axuda aos carburantes tamén aos autónomos
12:30 A rebaixa do IVE dos alimentos básicos non contenta por igual os membros do Goberno
13:19 O Goberno subirá case un 9 % a tarifa regulada do gas para os consumidores domésticos a partir do 1 de xaneiro
15:58 O prezo da luz cae un 80 % e marca o segundo prezo máis baixo do ano
16:14 O Goberno inclúe no decreto de medidas para paliar os efectos da guerra unha axuda de 90 millóns de euros á Comunidade Valenciana para a fábrica de baterías de Volkswagen
16:45 Alfonso Rueda di que o Goberno favorece as comunidades en que ten interese electoral Pedro Sánchez
17:23 A Xunta declara estratéxico o proxecto dunha planta de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei
19:04 O Consello da Xunta dálle un pulo á futura estación intermodal de Lugo
19:51 Xa se poden mercar os abonos gratuítos de Renfe para 2023
20:13 Viaxar en autobús interurbano seguirá custando a metade o ano que vén
22:19 O prezo da gasolina baixa ata niveis de antes da guerra de Ucraína
23:18 Os inquilinos celebran o tope ao alugueiro que aprobou o Goberno para o ano que vén, fronte ás críticas das inmobiliarias
25:38 Ana Pontón critica o funcionamento da sanidade pública na felicitación do novo ano
26:25 Cada vez son máis as voces dentro dos socialistas galegos que piden o regreso a primeira liña de José Ramón Gómez Besteiro tras o arquivamento das causas xudiciais en que estaba investigado
28:21 Rueda di que respecta as decisións e críticas e asegura que a Xunta seguirá apostando polo diálogo na sanidade
29:12 A Xunta aproba 3,3 millóns de euros para formación en sectores con alta demanda de traballadores en Galicia
29:29 Dimite o ministro de Infraestruturas de Portugal ao transcender que unha secretaria de Estado recibiu unha indemnización de medio millón de euros da aeroliña TAP, rescatada polo Goberno luso
30:42 España descarta tomar medidas ante a chegada de viaxeiros da China, que sofre a peor repunta de covid da pandemia
33:35 O condutor do autobús accidentado en Cerdedo-Cotobade declara esta tarde ante a Garda Civil
34:44 As imaxes que gravaron os bombeiros tras o accidente de bus poñen de manifesto a tensión do momento
35:28 O accidente de bus pon de manifesto a perigosidade da N-541
37:19 Un tremor de 3,8 graos déixase sentir na Costa da Morte
39:08 O outono foi moi chuvioso en Galicia, pero con moitas diferenzas por zonas
41:29 A última noite do ano estará pasada por auga
41:51 Vigo bate marcas de afluencia de vehículos privados
44:02 Peregrinos e turistas apuran os últimos días para cruzar a Porta Santa
46:36 O papa Bieito XVI segue grave, pero estable
46:56 O tempo
48:17 Despedida

Atopar capítulo por: