Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía lingua de signos
09/12/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
Esquerra Republicana, o PSOE e Unidas Podemos presentaron as súas emendas á reforma do Código Penal
O goberno socialista de Castela-A Mancha di que a reforma que propón ERC é inadmisible e piden que se tombe no Congreso
O PSOE e Unidas Podemos presentan emendas para desbloquear a renovación do Tribunal Constitucional
Vox anuncia unha moción de censura polo que considera un asalto ao poder xudicial
O Goberno tvai endurecer o Código Penal para castigar o incumprimento reiterado da lexislación laboral
España, Portugal e Francia preséntanlle a Von der Layen o proxecto do corredor de hidróxeno verde
Naturgy, Repsol e Reganosa preséntanlle á Xunta o proxecto dunha planta de hidróxeno verde en Meirama
Os transportistas pídenlle ao Goberno que aclare se vai manter as axudas aos carburantes
O goberno estuda axudas para paliar a suba dos alimentos
Calviño visita a que será a futura sede da Axencia de Intelixencia Artificial na Coruña
Diego Calvo di que A Coruña será sede da Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial é grazas ao traballo conxunto de administracións e universidade
Calvo entrega nas Pontes un vehículo e maquinaria financiados polo Fondo de compensacion ambiental posto en marcha pola Xunta para os concellos con parques eólicos
Preto do sesenta por cento dos traballadores atrasaron a súa xubilación este ano para evitar as penalizacións da reforma das pensións que entrou en vigor o pasado un de xaneiro
O Goberno prorroga a suba do 15 por cento das pensións non contributivas tamén para o ano que vén
O PPdeG acusan o BNG de mudar de estratexia e radicalizar o seu discurso
O sector galego do cerco pídelle ao Goberno que batalle en Bruxelas para manter a pesca de xurelo no Cantábrico, fronte á cota cero que propón a Comisión Europea
O conselleiro de Sanidade aplaude a recomendación de Bruxelas de ampliar os cribados do cancro
O Reino Unido eleva a 15 o número de nenos falecidos polo estreptococo A
Os expertos din que a situación co estreptococo en Galicia é normal, e chaman á calma
Segue grave pero evoluciona ben o bebé que apareceu en Huelva nun coche co seu avó
Rouban 15 zapatillas do mesmo pé nunha tenda de Noia
O mozo sen carné que roubou un bus en Ferrol reincide, e a policía cre que o fixo máis veces
Consellos para evitar a asalto de bandas criminais que entran nas casas nas vacacións
A Xunta aumenta o financiamento do servizo de axuda no fogar para o que se destinarán 112 millóns de euros
A Xunta subvenciona ata o 40 por cento os paquetes de benestar e envellecemento activo en balnearios
Gastaremos un 8% máis este Nadal, polo encarecemento da cesta da compra
Visitamos un mercado de antigúidades solidario na Coruña
Consellos para compartir décimos de Nadal con seguridade
Escolares de Arzúa achéganse á profesión de piloto de drons
O tempo
Hoxe estréase nos cines de Galicia 'O corpo aberto', unha película participada pola Televisión de Galicia