Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía lingua de signos
08/12/2022 15:30 h
Índice de contidos
Mañá remata o prazo de emendas para a reforma exprés do Código Penal, que incluiría o delito de malversación
O Goberno estuda medidas para conter os prezos dos alimentos
Yolanda Díaz aposta porque as grandes distribuidoras freen a suba dos prezos dos alimentos
O presidente do Partido Popular alerta de que o 28% dos españois está en risco de pobreza
Aumenta a sinatura de hipotecas, a pesar da suba dos tipos de xuro
Os ministros de Emprego da UE están traballando na futura directiva europea que regulará o traballo en plataformas dixitais como Uber ou Deliveroo
Terremoto político no Perú despois de que o presidente Pedro Castillo anunciara a disolución do Congreso cando ía debater a terceira moción de censura contra el por corrupción
Podemos pídelle a Yolanda Díaz negociar canto antes a coalición entre a plataforma Sumar e a formación morada
O PP pidelle ao Goberno que conxele as peaxes das autoestradas galegas que dependen do Estado, a AP-9 e a AP-53
A amtega cre que a elección da Coruña para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial é un recoñecemento ao sector tecnolóxico galego e á Universidade
Madrid notifica a morte de dous nenos e 14 hospitalizados infectados polo estreptococo A
Falta das farmacias unha presentación de Ozempic, un fármaco para a diabete tipo 2
As ópticas de todo o país arrastran desde o verán problemas para conseguir lentes de contacto
A suba dos prezos fará que gastemos un 15% máis este Nadal, segundo a OCU
Trucos para aforrar na compra de xpoguetes
Un cento de pasaxeiros galegos agardan dende onte en Lanzarote polo voo de volta a Santiago
Un home armado cunha escopeta causou o pánico entre os clientes dun supermecado de Poio ao disparar varias veces contra as estanterías e o teito
A policía detivo un mozo de 19 anos sen carné de conducir que roubou un autobús da estación de Ferrol
As conexións eléctricas dunha estufa puideron ser a orixe dun incendio que arrasou co salón e a cociña dunha casa en Redondela
O lume calcina o restaurante de Pontedeume que sufrira un tiroteo o verán pasado
Consumo alerta de que soben as denuncias por cargos na factura telefónica por chamadas a números de tarificación especial que non sabemos que fixemos
O concello de Pontevedra devolve os balóns perdidos que apareceron no convento das Clarisas
A Ribeira Sacra supera o 80% de ocupación na ponte de decembro
Os balnearios rozan o cheo total nos días festivos
Un dos cruceiros máis grandes do mundo fai escala na Coruña, con máis de 4.000 pasaxeiros a bordo
Máis de 15 provincias españolas están este xoves festivo en alerta por chuvia, vento e forte ondaxe
Un falecido en Lisboa polas fortes chuvias que afectan Portugal
O tempo
Despedida