CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía lingua de signos

29/11/2022 19:15 h

Índice de contidos

06:30 O Supremo atende o recurso da Fiscalía e eleva as penas aos xogadores da Arandina condenados por abuso sexual a unha menor, pero aplicando a lei do 'só si é si'
09:05 A ministra de Xustiza di que respectan a resolución xudicial sobre o caso da Arandina e que a van analizar
09:43 O IPC adiantado de novembro sitúase no 6,8 por cento, medio punto menos que en outubro
10:02 Os prezos dos alimentos seguen en niveis históricos, a pesar da moderación do IPC
12:13 As pensións subirán o próximo ano arredor dun 8 e medio por cento
12:30 A reforma das pensións enfronta o ministro Escrivá con Díaz, Podemos e os sindicatos
14:25 Un novo imposto para garantir as pensións reducirá as nóminas dos traballadores a partir de xaneiro
16:55 O PSOE volve bloquear a lei de familias e aproba a de tráfico de persoas, pero sen acordo con Podemos
19:50 O Consello de Ministros aproba a designación de Juan Carlos Campo para o Tribunal Constitucional
20:24 A Mesa do Congreso apura os trámites para poñerlle fin ao delito de sedición canto antes
20:50 O Consello de Europa repróchalle a España a xestión do salto masivo ao valo de Melilla do pasado mes de xuño, cando morreron 23 persoas
22:18 Os grandes sindicatos esíxenlle á patronal que volva sentar para negociar as subas salariais para que os traballadores non perdan poder adquisitivo
22:50 Agricultores e gandeiros de distintas comunidades protestan contra as políticas de Transición Ecolóxica
23:43 As depuradoras de marisco, asfixiadas polo prezo da luz
26:01 A hostalería portuguesa pide axudas para compensar a suba da luz
27:04 O presidente da Xunta espera máis informacion do Goberno central sobre o futuro da central térmica das Pontes para saber se os terreos poden servir para novos proxectos industriais
29:07 Ethel Vázquez denuncia que o Ministerio de Transportes deixa as autovías de conexión entre Galicia e a meseta fóra da solicitude de fondos europeos para modernización e dixitalización
29:47 A policía detén o sospeitoso de matar a muller de Lugo que apareceu acoitelada na súa casa
32:43 O exdirector de seguridade de Renfe di que non pediron unha baliza para Angrois porque sabían que a proposta sería rexeitada
34:28 Deteñen en Lugo un mozo armado cunha machada que perseguiu pola rúa un garda de seguridade de Cruz Vermella
34:54 A Garda Civil e os bombeiros recuperaron os corpos de dous barranquistas que quedaron atrapados nun torrente
35:16 Os socialistas galegos cren que a escaseza de médicos é un problema de cartos
35:43 A falta de médicos na Atención Primaria será un dos temas centrais da xuntanza de Rueda cos facultativos
37:27 Problema de subministración de máis de 600 fármacos nas farmacias galegas
39:35 O BNG presentou o seu candidato á alcaldía de Rianxo, onde hai remuda
40:07 O papel das administracións para atraer investimentos analizouse nas xornadas de dinamización empresarial en Santiago
40:58 A USC presenta o proxecto do novo Centro de Ciencias da Saúde
42:10 A Garda Civil de Tráfico intensifica estes días o control de  pneumáticos e luces
43:41 Semáforos intelixentes en Ferrol para mellorar a seguridade dos peóns
45:34 O tempo
46:31 A Real Filharmonía de Galicia presenta o seu novo director titular e artístico, Baldur Brönnimann
46:57 Despedida

Atopar capítulo por: