Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía lingua de signos
29/09/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
O Goberno presenta unha reforma fiscal con subas de impostos ás rendas baixas e rebaixas para os que menos cobran
O presidente da Xunta celebra que o Goberno central rectifique, e anuncie unha baixada de impostos
Rueda defende que a boa xestión dos recursos públicos permite baixar impostos e manter os servizos públicos
Os prezos moderan a suba, e o IPC queda no 9% en setembro
A baixada do prezo da luz, dos carburantes e dos transportes está detrás da redución do IPC
Os pensionistas mobilízanse para manter o seu poder adquisitivo
Os traballadores do automóbil cobrarán ata un 10% máis o próximo ano
Segundo día de folga dos traballadores do siderometal en Ourense
O Goberno volve sentar cos sindicatos dos funcionarios para negociar a suba dos salarios
Calviño insiste na súa mensaxe positiva de que a economía española está aguantando ben
Os analistas apuntan que Alemaña entrará en recesión o ano que vén
Os empresarios galegos piden que o Goberno español se implique no AVE entre Galicia e Portugal
O presidente da Xunta cre que o AVE de Lisboa a Vigo debería ser un dos temas centrais dos que se fale no cumio entre España e Portugal
O Ministerio de Transportes estuda cortar o paso de camións na A-6 entre Lugo e O Bierzo cando haxa aviso de neve
O presidente do Partido Popular pídelle ao comisario europeo que paralice a decisión de expulsar a pesca de fondo de 87 zonas
Xa se poden pedirse as axudas da Xunta para costear o carné de conducir
Os carburantes seguen baixando, e o gasóleo mantense máis caro que a gasolina
A nova Lei do Xogo de Galicia reforza o control de acceso de menores
Airbus e outras dúas empresas do sector aeronáutico van establecerse no aeródromo lugués de Rozas
O rei Filipe VI xa está na Toxa para inaugurar o foro anual onde analistas de primeira liña debaten como superar a crise económica
Un neno de 4 anos queda dentro do autobús escolar en Meira
As infeccións respiratorias en nenos creceron un 30% este mes
A semana que vén comezan a recibir a cuarta dose contra a covid os maiores de 85 anos
Volve a chuvia a Ourense, unha das zonas máis castigadas pola seca
O furacán Ian bate con forza na costa sueste da Florida e provoca graves inundacións
O comisario europeo de Xustiza está en España para instar á renovación do órgano de goberno dos xuíces
O Goberno da Generalitat de Cataluña está ao bordo da ruptura tras a destitución do vicepresidente e máximo representante de Junts no executivo
O Grupo Parlamentario Popular tramita no Congreso unha proposición non de lei para que policías nacionais e gardas civís teñan a consideración de profesións de risco
Formoso non aclara se o PSdeG expedientará a Seco, moi crítico co apoio do partido á Lei de Áreas Empresariais da Xunta
Investigadores e profesionais das administracións locais xúntanse estes días nun congreso en Santiago
Aplicacións que axudan a reducir o desperdicio de alimentos
Homenaxe aos galegos que participaron na construción do Canal de Panamá
O tempo
Un novo concurso da TVG busca ao sucesor de Juan Pardo
Despedida