CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía lingua de signos

28/09/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:02 A espiral de rebaixas de impostos nas comunidades pon contra as cordas os plans fiscais do Goberno
08:29 O presidente da Xunta insiste en que Galicia seguirá a súa propia senda fiscal
09:08 A política fiscal ocupou boa parte da sesión de control ao Goberno no Congreso
10:03 Yolanda Díaz non descarta que España poida entrar en recesión técnica en función da evolución da economía alemá
10:40 O presidente do Goberno confía en aprobar en breve o proxecto de presupostos
11:12 Os sindicatos pídenlle ao Goberno que suba os salarios dos funcionarios
13:30 CC e UXT anuncian o seu calendario de mobilizacións que rematarán en Madrid cunha gran manifestación o tres de novembro
15:32 Comeza a folga do metal en Ourense, en demanda de melloras salariais
16:10 A baixada do imposto de patrimonio e os fondos destinados á pandemia, a debate no Parlamento
18:39 A suba dos tipos de xuro está freando a sinatura de hipotecas
19:19 O primeiro ministro de Portugal anuncia que mañá presentarán a súa maior aposta de infraestruturas: unha liña de alta velocidade entre Lisboa, Oporto e Vigo
20:11 A conselleira de Infraestruturas insta ao Goberno a convocar a comisión de seguimento, ante o atraso dos trens Avril
20:53 Os socialistas galegos, que reclaman unha conexión ferroviaria digna co AVE para Ferrol
21:27 Os transportistas volven queixarse da perigosidade do novo desvío da A-6 para evitar pasar por Pedrafita
24:16 A Xunta vai recorrer contra o veto de Bruxelas á pesca de arrastre se non o fai o Goberno central
25:05 Ata o próximo 17 de outubro pódense facer achegas á que será á lei de ordenación do litoral galego
25:42 Galicia vai contar cunha planta para producir enerxía a partir dos residuos das granxas
26:37 España e outros 14 países presionan á Comisión Europea para poñer un tope ao prezo do gas
27:51 A UE anuncia unha resposta forte, de confirmarse que as fugas no gasoduto foron intencionadas
28:21 O comisario europeo de xustiza viaxa a España para tratar de desbloquear a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
28:44 O rei Filipe VI recibe o presidente do máximo órgano de goberno dos xuíces e do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes
29:07 O líder do PP reuniuse en privado con Santiago Abascal e con Yolanda Díaz
29:39 A praza de María Pita da Coruña acolle o acto central do Día da Policía
30:51 Acompañamos unha das patrullas aéreas da Policía que vela pola seguridade cidadá a vista de paxaro
33:03 O Goberno confirma que está traballando nunha modificación da lei para poder desaloxar os ocupantes ilegais de vivendas nun prazo de 48 horas
33:43 A policía investiga a explosión deste martes nun local de reparación e venda de patinetes eléctricos en Vilagarcía de Arousa
35:05 Un xulgado da Coruña abre a porta a que a familia Franco poida retirar do pazo de Meirás parte dos bens que reclama o Estado
35:56 O Sergas quere eliminar a hepatite C como problema de saúde pública antes de 2025, cinco anos antes do que marca a OMS
36:30 O primeiro transbordador eléctrico de España vai saír do estaleiro vigués Armón
38:37 Drons e taxis aéreos para solucionar a conxestión de tráfico nas cidades do futuro
40:53 250 profesionais de 22 países participan no Congreso Internacional de Turismo Termal en Ourense
41:49 O portal Aldealista descobre as aldeas abandonadas de Galicia
43:35 A seca adiantou a campaña do millo e reduciu a produción en máis dun 30 % nas comarcas do interior
45:09 O tempo
46:33 Maxia, danza e circo danse a man no espectáculo Inventio, que nos leva a unha Galicia futurista
48:01 O 'Telexornal mediodía' volve ser líder de audiencia en Galicia
48:26 Despedida

Atopar capítulo por: