Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
27/07/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
Os afectados polos incendios poderán solicitar as axudas da Xunta dende este sábado
No Consello da Xunta de hoxe tamén se aprobou un paquete de medidas para aumentar as retribucións salariais dos médicos e outras melloras en Atención Primaria
A sanidade tamen estará presente na reunión de mañá na Moncloa, á que o presidente Rueda celebra ir cun amplo consenso dos tres partidos nas principais reivindicacións de Galicia
O Goberno e as comunidades autónomas abordaron esta mañá no Consello de Política Fiscal as cantidades das que disporán para elaborar os presupostos para o próximo ano
O Goberno prepara un plan para reducir o consumo enerxético tras o acordo de onte en Bruxelas
Rusia cumpriu co anunciado e reduciu a subministración de gas a Alemaña dende primeira hora desta mañá
Algúns países xa están tomando medidas ante a posibilidade de que se corte a subministración de gas ruso
O aforro do consumo de gas é un dos factores que lle vai afectar ao crecemento da economía
O Goberno e a Generalitat acaban de anunciar un acordo para deixar fóra da xustiza o proceso independentista
Seguen as reaccións despois de que o Supremo ratificara as condenas a Griñán e Chaves pola fraude dos ERE. No PSOE din que acatan a sentenza e insisten na inocencia dos expresidentes andaluces
A folga da aeroliña Ryanair vai continuar. Os tripulantes de cabina convocan cinco meses de paro ata xaneiro do vindeiro ano 2023
En Santiago, os traxectos de taxis encarecerán preto dun 5 %
A seca e o anuncio de restricións no consumo de auga preocupan en diversas zonas de Galicia. Nalgunhas xa hai limitacións en vigor
O encoro de Lindoso, en Ourense, leva meses en mínimos
A Xunta e os concellos da conca do Lérez reúnense esta tarde para tomar medidas conxuntas fronte á seca
A partir de novembro o Sergas comezará a administrar aos cativos a vacina da meninxite B
O PSdeG di que a Xunta debe mellorar as condicións económicas dos médicos. O PP recorda que xa o está facendo, como no consello da Xunta de hoxe, e apunta que o Goberno central debe habilitar máis prazas de médicos.
As probas para acceder á universidade serán totalmente distintas a partir de 2026
A cidade de Ourense está neste intre na man de tan só 4 persoas: o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e os tres edís de Democracia
En Córdoba, un home foi detido por acoitelar o dono dun bar e o seu fillo
Pasou a súa primeira noite no cárcere o home que presuntamente secuestrou unha muller no Porriño
A Garda Civil busca un veciño de Carballo acusado de atracar presuntamente tres xoierías, a última delas esta mesma mañá en Santiago
Shakira sentará finalmente no banco dos acusados por presunta fraude fiscal
Os incendios forestais declarados en España comezan a estabilizarse
En Lugo xa se pode recargar o móbil na rúa
As candorcas volveron á costa galega. Atacaron dous veleiros que navegaban na costa de Corrubedo
O tempo
Hoxe no peirao da Coruña coinciden dous grandes cruceiros
MUSE actuará en Vigo o 8 de setembro, a presentación fíxose hoxe dentro dos concertos do Xacobeo