Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía en Lingua de Signos
27/02/2020 14:30 h
Índice de contidos
Titulares
A Xunta ultima unha oferta pública de emprego histórica en Sanidade. Quere sacar a concurso 3.500 prazas.
O Goberno galego tamén aprobou acordos dirixidos aos máis novos no Plan de Xuventude
Os novos obxectivos de déficit e o teito de gasto saíron adiante por 168 votos a favor, 150 en contra e 19 abstencións
Pablo Iglesias asegura que o Goberno de España ten vontade para solucionar o conflito. Os soberanistas din que están contentos porque se abrira o diálogo
O líder dos populares, Pablo Casado, entende que o Goberno se somete á vontade dos independentistas
Mesa de diálogo con Cataluña. González e Aznar comparten a preocupación
O despregamento de medios disposto na Moncloa era propio dun grande acontecemento
O PSdeG aproba esta tarde as listas coas que se vai presentar ás eleccións do 5 de abril
O BNG deu a coñecer esta mañá os cabezas de lista do seu grupo parlamentario
En Ciudadanos comezan a posicionarse con vistas ao proceso de primarias
O barómetro do CIS conclúe que o PSOE aumenta a distancia sobre o PP, que perde apoios
O xuíz que investiga a visita da número dous de Maduro, Delcy Rodríguez, a Baraxas pide ao Ministerio do Interior un informe sobre o protocolo que se segue no aeroporto na chegada de viaxeiros
O ministro de Seguridade Social defendeu fomentar incentivos para atrasar a idade real de xubilación
O coronavirus segue a deixar novos infectados. En España producíronse ata hoxe 17 contaxios
Varios galegos, entre os confinados no hotel de Tenerife polo coronavirus
O 902 400 116 e o 061son os números aos que poden chamar para informarse se sospeitan que están contaxiados
O coronavirus volve castigar o IBEX
Récord de xatos inscritos na IXP Ternera Gallega en 2019
Adif confirma un atraso nas obras do AVE
Os transportistas galegos afectados polos atascos na AP-9 preparan unha demanda
Aumentan as multas polo uso dos patinetes electrícos polas beirarrúas en Vigo
Desartellada en Galicia unha banda violenta de atracadores
Suspéndese o xuízo da lea nun club de citas de Ribadeo
Continúa a busca do mariñeiro desaparecido no naufraxio dunha embarcación preto das illas Cíes o luns pasado
Os oncólogos demandan en Vigo unha carteira común de biomarcadores para todos os hospitais
Programa Directivos por un día, grazas ao cal os universitarios poden acompañar un directivo durante toda unha xornada
Festa de Interese Turístico Galego a Romaría do Corpiño de Lalín
O tempo
En que están traballando os de 'Quen anda aí?'
Titulares de saída