Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con Lingua de Signos
03/06/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
Cen días de guerra que a OTAN prevé longa e a ONU di non terá gañador
O presidente do Goberno visita a esta hora Moldova, fronteiriza con Ucraína, para agradecer o seu papel na acollida de refuxiados
O Goberno prepara unha reforma normativa para incorporar traballadores estranxeiros ao mercado laboral
Bildu facilita a aprobación da suba das pensións non contributivas
Na votación do Congreso de onte á tarde, o PSOE votou por erro unhas emendas de Podemos que destapan as bases máximas de cotización
A luz custará hoxe 214,5 euros o megawatt/hora no mercado grosista
Duplícanse os cambios de compañías eléctricas buscando aforrar
1.500 sindicalistas xuntaranse o día 9 para estudar mobilizacións polos salarios
Ferroglobe investirá 4 M na planta para melloras e producir silicio para baterías
Ferrol reforza as súas capacidades no sector da eólica mariña
González Formoso repróchalles aos nacionalistas falta de claridade na súa postura sobre o desenvolvemento dos parques eólicos na comunidade
\Os traballadores de Correos protestan en toda España
Os candidatos á Junta celebran actos por toda a comunidade
As familias do Villa de Pitanxo indignadas porque o Vizconde Eza non buscará ao pecio
O Partido Popular pídelle ao Goberno que rectifique o novo mapa do transporte en bus que elimina paradas en 23 concellos galegos
O título de familia numerosa amplía vixencia ata os 21 anos do primeiro fillo
Media ducia de axudas distintas para apoiar a rehabilitación de vivendas
Conde sinala que Estremadura vai acoller a segunda fábrica de baterías para coches en España e lembra que Stellantis Vigo, a antiga Citroën, tiña un proxecto para desenvolver unha
A raíña Isabel, a grande ausente na segunda xornada do seu xubileu de platino
A Igrexa traballa na canonización de Ignacio Echeverría
Morre un home nunha carpintería sepultado polas serraduras dun silo
Un veciño de Vilalba de 66 anos faleceu este mediodía nun accidente de tráfico en Begonte
Dous profesores escoltan diariamente os rapaces acosados en Ferrol
Un pontevedrés, farto de que lle aparcaran diante do seu garaxe, decidiu romper unha das ventás dun coche coa prótese da súa perna
Patrimonio e paisaxe: o modelo turístico do futuro mira a Compostela
Unha aplicación web ofrecerá medio cento de rutas en bici por Galicia que poderán descargarse
Pontón visita a feira e destaca a capacidade de Galicia para ter un medio rural forte
A conselleira do mar, Rosa Quintana, destacou o traballo das redeiras galegas e o seu compromiso co medio ambiente, para facer do pesqueiro un sector sostible
Unha femia de máis de tres metros, a primeira quenlla solraio en augas galegas
Preocupación pola seca con vistas ao verán
En Allariz, onte á noite caeron nunha soa hora 22 litros, anegando varios baixos
Adianto do tempo
Dende hoxe podemos visitar a mostra 'Santiago no tempo'
Galicia é a terceira comunidade de España que ten máis depósitos no Museo de El Prado
Xa está nas salas de cine de toda España Live is life, a nova película do director monfortino Dani de la Torre
Despedida coa música de Carlos Childe