Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía en Lingua de Signos
02/06/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
España volve baixar dos tres millóns de parados, por primeira vez en 14 anos
O Goberno celebra a caída do paro e Feijóo pide que se conte a verdade
Non hai acordo no Goberno de coalición sobre as pensións mínimas
O Goberno vaise manter á marxe das recomendacións do Banco de España, que onte pediu que se reforme o sistema de pensións para facelas sostibles
Nova concentración dos xubilados pensionistas da CIG polos servizos públicos
O euríbor, o indicador que máis se usa en España para calcular as hipotecas, sobe hoxe ata o 0,4 por cento
A execución hipotecaria de vivenda nova sitúase en máximos desde o 2017
Plan autonómico para "revitalizar" as zonas afectadas polo peche das térmicas
A Xunta destina 9,6 M a un programa para garantir a seguridade nas comunicacións
O PSdeG quere que a Xunta participe nas empresas enerxéticas das que dependen as industrias estratéxicas galegas
O BNG defende que o desenvolvemento da enerxía eólica se faga baixo a coordinación de concellos e Xunta e en equilibrio co medio ambiente
A última enquisa do CIS vaticina a vitoria do Partido Popular e Juanma Moreno sería reelixido como presidente da Junta
Rueda avanza que non participará na campaña das eleccións andaluzas malia recibir a invitación persoal do presidente do PP de Andalucía
A suba da luz asfixia aos concellos máis pequenos
Novo máximo histórico do prezo da gasolina
Malia o prezo dos combustibles, seguimos usando o coche
Xunta e oposición coinciden: Galicia pode xestionar o litoral sen cambiar o Estatuto
Luz verde ao Plan de prevención de incendios deste ano
Galicia acolle o debate europeo sobre como vivir do campo de forma sostible
Gandería sostible en Pantón
Comeza a edición número 44 da Feira Internacional Semana Verde
A Semana verde foi inaugurada oficialmente este mediodía
Ecosystems reúne altos executivos das multinacionais tecnolóxicas na Coruña
Axentes da Garda Civil controlan os drons que sobrevoan lugares prohibidos
A tripulación do 'Piedras' podería estar na casa mañá pola tarde ou sábado pola mañá
Unha excursión en globo pola Ribeira Sacra estivo a piques de rematar en traxedia hai uns días
Catro persoas morreron e varias quedaron feridas nun tiroteo nos Estados Unidos
Un robot do tamaño dunha pulga con fins médicos
As treboadas sucédense estes días en diferentes puntos de Galicia, causando problemas ao seu paso
Adianto do tempo
Celebran os 70 anos de reinado da monarca británica
A goleta Atyla chega a Vigo para participar na Iacobus Maris
O Libro de Horas de Fernando I estará na exposición "Santiago de Compostela no tempo"
Despedida con Andrés Suárez ue estará no Portamérica este sábado