CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

17/05/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
07:07 A Real Academia desprazouse a Valdeorras para renderlle homenaxe a Delgado Gurriarán na súa parroquia natal, en Córgomo
09:54 Rueda estréase como presidente do acto do Día das Letras
13:02 Manifestación de Queremos Galego en defensa da lingua
15:03 O Consello de Ministros aprobou a reforma da lei do aborto
16:40 O regreso a España do rei Xoan Carlos abre outra polémica dentro do Goberno
18:11 A Asociación Concordia Real Española presentou a ferramenta 'Un legado real'
18:34 O emir de Qatar comeza hoxe unha visita oficial de dous días a España
18:58 Esta medianoite reabriron as fronteiras terrestres de Ceuta e Melilla con Marrocos
19:48 Un ano da avalancha de inmigrantes a través da fronteira ceutí do Tarajal
20:12 Para Feijóo a apertura da fronteira é unha boa noticia con dúas pegas: faise sen a necesaria seguridade xurídica e sen medios suficientes para as forzas de seguridade do Estado
20:51 A débeda pública marca un novo récord
21:10 O presidente da Xunta asegura que o Goberno central discrimina a Galicia na repartición de fondos europeos
21:46 Por vez primeira o diésel está máis caro en España ca na media da Unión Europea
22:05 Sétima semana consecutiva co diésel máis caro que a gasolina
24:55 A bombona de butano continúa coa súa escalada de prezos e alcanza o seu terceiro máximo histórico consecutivo
25:17 Nas últimas horas, 264 militares ucraínos foron evacuados da planta de Azovstal, na que levaban 83 días atrincheirados
25:50 Falece unha nena de 4 anos nun accidente na súa casa de Vigo
26:31 Detida por abrirlle a cabeza cun vaso á súa cuñada
27:19 Imaxes dos rexistros en Meicende relacionados coa venda de estupefacientes
27:38 Aparecen unha vintena de coches coas rodas picadas preto do aeroporto
28:38 Identificada a condutora do coche que esta fin de semana atropelou un home en Sarria e que despois se deu á fuga
30:11 Simulacro de accidente de autobús con feridos en Ferrol
32:12 Os datos do turismo en maio igualan os de agosto de 2019 en Santiago
34:26 Galicia estase convertendo nun destino moi apetecible para fixar a vivenda habitual, sobre todo para os xubilados estranxeiros
35:55 Emprendedores que revitalizan o rural galego
37:42 Vilanova dos Infantes celebra a romaría Raigame
39:37 Catorce empresas biotecnolóxicas galegas participan na principal feira europea sobre innovación e tecnoloxía alimentaria
39:56 Festivo das Letras pasado por auga
40:11 Primavera con sol no resto de España
40:28 Á primeira hora da mañá houbo que suspender dous voos en Alvedro
41:15 Un raio causa danos en varias casas de Coirós
41:42 Adianto do tempo
42:41 Valdeorras e México marcaron a Florencio Delgado Gurriarán
44:29 Fai 25 anos da primeira emisión fa TVG durante todo o día a través de Internet
45:00 Esta noite a Televisión de Galicia vai de verbena coa 'Tanxuverbena'
46:14 Despedida coa música de Escuchando Elefantes

 

 

 

 

 

Atopar capítulo por: