Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía en Lingua de Signos
06/03/2020 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
O número de contaxios continúa medrando e achégase aos 400 casos. Murcia, Ceuta e Melilla non rexistran, polo de agora, casos do COVID-19
Galicia segue con tres casos confirmados de coronavirus, un na Coruña e dous en Vigo
En España hai dous falecidos máis. Van 5 vítimas mortais do coronavirus
Do coronavirus están falando os ministros comunitarios de Sanidade
Os voos entre Roma e Santiago, medio baleiros
Os consumidores piden que o medo ao coronavírus se considere causa de forza maior para cancelar viaxes
A coordinación do Goberno para afrontar a crise no caso do coronavirus é esencial, segundo Rafael Bengoa
Unidas Podemos e ERC piden unha comisión de investigación ao rei Xoán Carlos
Hoxe, PSOE e Podemos pecharon filas e defenden o seu debate interno
O líder popular pídelle ao Goberno "que deixe de pelexar" porque na loita contra a violencia de xénero todos deben remar na mesma dirección
O PP difundiu un vídeo en que nove mulleres con cargos públicos se presentan e reivindican a igualdade
Simpatizantes e cargos populares, reivindican en Santiago o PPdeG como o partido da igualdade
Presentación da candidatura do BNG. Luis Bará encabeza a lista por Pontevedra
Gonzalo Caballero continuou a súa axenda na Arxentina cunha visita ao Centro Galicia de Bos Aires
O grupo popular rexeita que Feijóo compareza por Pemex e as supostas irregularidades de Emigración
A Xunta vai aprobar nos próximos días 5 millóns en axudas para a produción de furgonetas eléctricas, dixo Feijóo en París na xutanza con PSA
Os traballadores de PSA Citroën de Vigo vanse beneficiar dos bos resultados económicos da empresa
Entre os sindicatos hai preocupación pola falta de avances no estatuto da industria electrointensiva
Reforma do sistema de pensións. Os expertos piden un consenso rápido
Foro Económico de Galicia. Propostas para o reto demográfico
Máis emprego no sector alimentario do mar. As exportacións seguen crecendo en 2019
Na ría de Noia remite a toxina e os mariscadores xa poden volver ao traballo
A neve volve á montaña de Lugo e Ourense nun ano en que pouco se deixaron ver as folerpas
Simulacro de rescate na estación de Leitariegos
A DXT intensificará a vixilancia do uso do cinto e os sistemas de retención infantil
Un descoido puido ser a causa dun accidente en que quedaron feridas dúas persoas en Moaña
15 dos 16 detidos este mércores na operación antidroga da Coruña pasaron esta mañá a disposición xudicial
Localizado un laboratorio de fabricacion de perfumes e lentes falsas
O Porto de Vigo atrasará a reforma do paseo das Avenidas para non interferir no Seafest e no Marisquiño
Os veciños da Churruca, en Vigo, levan anos denunciando o vandalismo
Veciños da Guarda temen pola celebración das Mercedes porque a comunidade de montes quere facer unha plantación no campo da festa
Fraude fiscal. Piden 28 anos para Imanol Arias e Ana Duato
Entre o 18 e o 20 de xuño vai celebrar en Santiago O son do Camiño
As mulleres puideron entrar na Garda Civil no 1988: coñecemos a tenenta Marta Vilanova
O símbolo da muller máis grande do mundo está en Galicia
A raíña Sofía e os devotos do Cristo de Medinaceli este ano non lle bican os pés
O tempo
Mañá celébrase a gala dos premios Mestre Mateo
'Quen anda aí?' esta tarde
Titulares de saída