CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

12/01/2024 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:07 A conselleira de Medio Ambiente comparece no Parlamento galego para informar da situación nas praias pola chegada de 'pellets'
09:19 A oposición reprochoulle á conselleira do Medio Ambiente a xestión da Xunta
11:21 Esta mañá incorporáronse un avión e un barco de Salvamento o operativo despregado para localizar os 'pellets', aínda que non atoparon nada
14:01 Nos últimos días atopáronse no mar varios sacos de boliñas de plástico
14:29 A chegada dos 'pellets' ás costas de Galicia e doutras comunidades levou a Bruxelas a estudar se inclúen o trasporte marítimo deses produtos na lei contra os microplásticos
15:49 O salario mínimo interprofesional subirá un 5 % neste 2024
18:03 A inflación rematou decembro sen cambios
19:12 O novo decreto anticrise inclúe a rebaixa do IVE do aceite, pero non da carne e o peixe
21:30 Aumentan as críticas ao Goberno polos acordos con Junts para sacar adiante o decreto ónmibus e o anticrise
23:27 A Fiscalía da Audiencia Nacional vai investigar o acontecido na pasada Noitevella diante da sede do PSOE en Ferraz
23:50 O PSdeG segue sen aclarar quen vai substituír a Lara Méndez na alcaldía de Lugo
25:48 Galicia activa un novo Plan Renove para estimular a venda de coches
27:42 Portugal saca a concurso a construción do primeiro tramo do AVE a Galicia
28:35 As estacións de tren galegas volveron hoxe á normalidade, despois do caos vivido nas últimas horas
30:11 Os centos de pasaxeiros afectados polos atrasos nos trens pola avaría poden reclamar
31:15 Os traballadores do servizo de autobús urbano de Vigo rexeitaron o preacordo que alcanzaran onte a empresa e os sindicatos
31:48 Investigan a morte dun home que apareceu tirado no medio dun charco de sangue na Coruña despois de precipitarse desde un edificio
33:53 O lume devora unha planta de compostaxe
34:11 Desartellado un grupo criminal especializado en asaltos en casas, sobre todo en zonas rurais do norte de España
34:55 Os avogados de Daniel Sancho denuncian irregularidades por parte da policiía tailandesa
36:32 Os Estados Unidos e o Reino Unido atacaron varias cidades no Iemen controladas por milicias hutís
37:12 O Partido Popular lembra hoxe que Galicia é a comunidade onde as rendas medias e baixas pagan menos IRPF
37:33 O BNG defende unha Galicia viva, verde, sustentable e produtiva
37:54 José Ramón Gómez Besteiro reuniuse esta mañá co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
38:17 Compromiso por Galicia sumase a Espazo Común Galeguista a coalición liderada por Pachi Vázquez
38:36 A realidade virtual alíase coa saúde nunha plataforma gratuíta que acaba de lanzar o Sergas para fomentar os bos hábitos
40:26 Hoxe ábrese a nova convocatoria de axudas da Tarxeta Benvida, dotada con máis de 31 millóns de euros
40:59 147 entidades sociais galegas benefícianse dos 28 millóns de euros das axudas da Consellería de Política Social con cargo ao 0,7 % do IRPF
41:16 Máis do 85 % dos titulados en FP xeral entran no mercado laboral
41:48 Xa esta listo o xemelgo dixital da catedral de Santiago, creado para estudar como se move o aire dentro do templo
43:16 O frío vai dar un respiro esta fin de semana en Galicia
45:29 O tempo
46:47 As novas xeracións de gandeiros galegos citáronse esta mañá en Santiago
47:27 Hoxe estréase nos cines 'Honeymoon', unha 'road movie' de Filmax que tamén está participada pola Televisión de Galicia
47:50 Despedida

Atopar capítulo por: