Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
11/01/2024 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Caos no tráfico de trens en Galicia por unha avaría na Coruña
En Ourense, o tren que tiña que saír ás nove da Coruña chegou tres horas e media despois
Coa estación da Coruña bloqueada, toda a actividade trasladouse ao apeadoiro de Uxes
O delegado do Goberno en Galicia pediu perdón aos usuarios afectados por estes atrasos
O presidente da Xunta considera que as avarías constantes que sofre o servizo de Renfe en Galicia non son de recibo
Alfonso Rueda anunciou que esta tarde se aprobará un protocolo específico para a recollida das boliñas de plástico
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica descarta a petición da Xunta de enviar barcos a Galicia para limpar os 'pellets' en mar aberto
Besteiro considera unha boa noticia que o Estado vaia mandar medios, mentres o BNG di que é prioritaria a recollida dos 'pellets'
Os populares galegos din que a oposición tenta manipular o que está pasando
Mañá vai comparecer no Parlamento a vicepresidenta da Xunta para dar conta de como se están a xestionar as consecuencias da chegada dos 'pellets'
Os expertos aconsellan seguir un protocolo de limpeza que evite danos nos areais
En Asturias e Cantabria continúa tamén a limpeza de praias
Reaccións ao pleno agónico en que o Goberno logrou salvar dous decretos lei tras pactar con Junts máis cesións a Cataluña
Para o presidente da Xunta o acordo de Junts co Goberno prexudica os galegos
Nova fronte de Podemos con Sumar tras votar en contra da reforma do subsidio de desemprego
O presidente Alfonso Rueda repróchalle ao BNG que defenda a manifestación en apoio aos presos da ETA
Declara ante o xuíz o sospeitoso do asasinato do veciño de Rábade que apareceu nun sumidoiro de dous metros
O ADN confirma que os restos humanos atopados en Mazaricos pertencen aos dous homes que sospeitaba a Garda Civil
Cae en Madrid unha banda que lle atribúen máis de 40 roubos con forza en establecementos comerciais
Atropelo intencionado en Madrid
Soben ás redes o temerario salto dun mozo dende o teito dun vehículo en marcha
Axudas para instalar valados ou contratar de coidadores para explotacións de gando en extensivo
Novas axudas para os interesados en cambiar electrodomésticos
A economía galega segue medrando, aínda que baixa o ritmo, segundo o último informe do Foro Económico de Galicia
A Unión Europea estuda limitar as reparacións dos vehículos máis vellos
A epidemia da gripe supera a curva en Galicia
Galicia amplía o cribado neonatal
A Xunta aproba o protocolo contra violencia e discriminación sexual no ocio nocturno
O tempo
A neve complica o tráfico nunha trintena de estradas españolas
Despedida