Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
28/12/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
A moción de censura en Pamplona acaba de consumarse
O PP considera que o pacto entre PSOE e Bildu racha unha liña vermella moral, e os socialistas din que era necesario para aprobar as contas municipais
A división que hoxe vemos en Pamplona trasládase tamén á política nacional
O presidente da Xunta cre que o de Pamplona é un dos pactos ocultos do PSOE para conseguir a investidura
A polémica derivada da moción de censura en Pamplona colle o presidente do Goberno en Iraq
PSOE e Partido Popular xa mantiveron o primeiro contacto para eliminar o termo 'diminuído' da Constitución
As medidas anticrise aprobadas onte polo Goberno xa están publicadas no 'Boletín Oficial do Estado'
Os socialistas agardan contar cos votos de Podemos para sacar adiante o plan anticrise
O Partido Popular di que votará a favor das medidas publicadas polo Goberno se se constata un beneficio para as familias
O presidente Rueda insiste en que se inclúan o peixe, a carne e as conservas no grupo de alimentos básicos co IVE rebaixado
A cesta da compra subiu a pesar da rebaixa do IVE dalgúns alimentos
Os empresarios do transporte din que son necesarias novas medidas para garantir a estabilidade nos prezos do gasóleo
Encher o depósito segue sendo máis caro ca o ano pasado, pero os prezos levan baixando desde o verán
O sector da banca cre que o imposto extraordinario prexudicará a economía
No último decreto anticrise o Goberno recupera a obriga de presentar a declaración da renda por Internet
Acordo entre Telefónica e os sindicatos para a aprobación do ERE e do novo convenio colectivo
Hoxe sobe o prezo da luz
A industria electrointensiva galega está á espera de poder contar con enerxía limpa a prezos competitivos
En Vigo, o sindicato CIG reclama apoio ao sector da automoción
Tamén os traballadores dos autobuses urbanos de Vigo levaron hoxe as súas protestas ao Concello
As políticas de saneamento e depuración de augas centraron hoxe a visita a Barreiros da candidata polo BNG á presidencia da Xunta
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta visitou unha das empresas que está a recibir fondos do Plan de recuperación agroalimentario
Sete concellos galegos vanse beneficiar das novas axudas aprobadas pola Xunta para promover vivendas públicas
O Consello aproba un sistema de créditos para que empresas e cidadáns poidan compensar as emisións de carbono
Seguen chegando inmigrantes ás Canarias
A ministra de Inclusión Social presidiu a Conferencia sectorial coas comunidades autónomas
A aplicación da lei do 'só si é si' supón unha nova rebaixa de condena a un violador
Un detido polo crime da Noiteboa pasada na Coruña, en que morreu acoitelado un mozo de 22 anos
A Policía Científica segue recollendo probas para descubrir as causas do incendio nun aparcadoiro subterráneo da Coruña
A Garda Civil segue buscando o home acusado de matar dun tiro un sobriño seu en Madrid
Os equipos de emerxencias fixeron unha posta en escena en Rianxo para concienciar do risco de conducir baixo os efectos do alcol
A DXT distribuíu imaxes captadas polo helicóptero de Tráfico para concienciar do risco das imprudencias
Un accidente de tráfico acabou de forma milagrosa nos Estados Unidos
A construción do treito que completa a variante norte de Ourense aprobouse de xeito provisional
A última fronte deixa máis de 100 litros por metro cadrado en puntos da provincia da Coruña
Máis de 300 evacuados en Alemaña polas inundacións
Os contactos propios das festas de Nadal xa se fan notar nos contaxios de virus respiratorios
Case un 35 % dos estudantes de entre 12 e 13 anos recoñece que consumiu alcol algunha vez na súa vida
Soben os prezos dos produtos típicos de fin de ano
O tempo
Despedida